Autorregulación - CRTVG
Autorregulación
Código de autorregulación sobre contidos televisivos e infancia
A autorregulación en materia de programación televisiva é unha esixencia que se vén reiterando desde hai tempo polas institucións comunitarias. Xa se recolleu na Resolución do Parlamento Europeo, do 24 de outubro de 1997, sobre o Libro Verde relativo á protección dos menores e da dignidade humana nos novos servizos audiovisuais e de información.
Recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento da violencia machista
O Consello de Administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia aprobou por unanimidade, no pleno ordinario celebrado o 26 de novembro de 2024 o documento que recolle as recomendacións sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos. Este documento substitúe ao aprobado en decembro de 2015.
Tratamento da discapacidade nos medios de comunicación
Os medios de comunicación (televisión, radio, internet, xornais), falan de diferente maneira das persoas con discapacidade. Por iso, é necesario que todos os xornalistas traten igual o tema da discapacidade.
Autocontrol e Publicidade
A CRTVG é membro da Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial, entidade que vela polas boas prácticas da publicidade en España. Máis información en autocontrol.es