Navigation Menu

Logo de CRTVG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Canle de cumprimento - Contenido

Canle de cumprimento

A Corporación RTVG manifesta o seu firme compromiso coa cultura ética e co cumprimento da normativa dentro da organización e nas súas relacións con terceiros. Rexeita calquera conduta que non se adapte aos estándares éticos que estableceu e adopta as medidas necesarias para garantir o cumprimento da lexislación vixente e a prevención de delitos.

Froito do devandito compromiso, habilítase a Canle de Cumprimento como elemento esencial do Sistema de Prevención de Delitos, de acordo co que se dispón na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. Así mesmo, procedeuse ao nomeamento da persoa responsable do Sistema de Prevención de Delitos, que se encargará da súa supervisión e do seu cumprimento.

Mediante a utilización da Canle de Cumprimento, poderanse comunicar infraccións normativas ou pouco éticas, condutas delituosas, infraccións administrativas graves ou moi graves e calquera vulneración do dereito da Unión Europea que se advirtan na Corporación RTVG. Non se poderá utilizar a dita canle para comunicacións sobre incumprimentos distintos dos que indicaron, para os que existen outras persoas responsables. Non se admitirán as comunicacións falsas, as que se amparen en motivacións que o dereito non pode protexer e as que se realicen coa única finalidade de causar dano.

A través do formulario que se abre cando se accede a ela, a Canle de Cumprimento permite efectuar comunicacións de forma anónima ou confidencial. En todo caso, garántese a protección dos/as informantes fronte a calquera tipo de represalia.

Para acceder á Canle de Cumprimento, no enlace que se establece deseguido, deberase seleccionar a opción Canles específicas e, dentro dela, A12025573-Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Canle de denuncias - Portal Transparencia (xunta.gal)

Para obter más información, pódese acceder á Política do Sistema Interno de Información,  ao Sistema de Prevención de Delitos da Corporación RTVG e ao Procedemento de Xestión do Sistema Interno de Información

Podes acceder ao documento no que se recolle o Sistema de Prevención de Delitos premendo aquí.

Podes acceder ao documento no que se recolle o Procedemento de Xestión do Sistema Interno de Información premendo aquí.

Podes acceder ao documento no que se recolle a Política do Sistema Interno de Información premendo aquí.

Podes acceder ao documento no que se recolle o Código ético institucional da Xunta de Galicia premendo aquí.

Finalmente, ponse en coñecemento que tamén é posible informar da comisión de calquera accións ou omisións que se inclúan no ámbito de aplicación da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, ante a Autoridade Independente de Protección do Informante, as autoridades ou órganos autonómicos correspondentes e, cando proceda, as institución, os organismos ou as axencias da Unión Europea.

Formulario

Canle de cumprimento