AcciónsG - CRTVG
AcciónsG
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas. As #acciónsG conforman parte esencial da Responsabilidade Social Corporativa da CSAG e se encadran no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU. #AcciónsG son as nosas campañas para actuar, para provocar o cambio e lograr unha sociedade mellor e máis responsable.