div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Aviso legal e Política de Privacidade

Aviso legal e Política de Privacidade

Aviso legal

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, infórmase ao usuario que esta é a páxina web corporativa da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), unha sociedade anónima de capital público creada pola Lei 9/2011 de 9 de novembro, dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, con CIF: A15073349, e sucesora da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, creada pola Lei 9/1984  e con domicilio en Bando - San Marcos, 15.820 de Santiago de Compostela (A Coruña).

 

Política de privacidade 

CRTVG quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera usuario facilite durante o acceso á súa páxina web corporativa en http://www.crtvg.es, ou a través de http://www.tvg.es e http://www.radiogalega.es e a través dos dominios dos que, en cada momento, sexan titulares as referidas entidades.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, LOPD) e os artigos 13 e 14 do Regulamento 2016/679 UE de 27 de Abril do Parlamento Europeo, CRTVG infórmao de que os datos que nos proporcione mediante a cumprimentación de calquera formulario de rexistro electrónico que apareza no noso sitio web, así como aqueles datos aos que CRTVG puidesen acceder como consecuencia da súa navegación, serán tratados con base nos seguintes criterios:

1. Responsable do tratamento

Identidade: Corporación de Radio e Televisión de Galicia.

CIF:A15073349

Dirección: Bando - San Marcos s/n, CP 15.820 de Santiago de Compostela (A Coruña)

Correo Electrónico: info@crtvg.es

Teléfono: 981.540.640

DPD (Delegado de Protección de Datos): CRTVG designou un Delegado de Protección de Datos a través do cal o usuario poderá formular calquera cuestión relativa ao tratamento dos seus datos persoais, así como exercer os seus dereitos. Para iso, o usuario poderá dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: lopd@crtvg.es

2. Información e consentimento

Mediante a aceptación da presente Política de Privacidade, o usuario queda informado e presta o seu consentimento libre e inequívoco para que os datos persoais que facilite a través da páxina web sexan tratados pola CRTVG.

3. Obrigatoriedade de facilitar os datos

Todos os datos personais que lle solicitamos a través da web ou mediante outro soporte son obrigatorios, agás que no campo requirido se especifique o contrario, para cumprir coas finalidades establecidas, non sendo posible o rexistro no sitio web se non nos facilita os datos completos, sen prexuízo de que poderá visualizar libremente o contido do sitio web.

Ao introducir datos no sitio web, o usuario garante que é maior de catorce (14) anos e que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, comprometéndose a notificar a CRTVG calquera tipo de modificación que se produza nos datos que facilitase.

4. Cal é a finalidade do tratamento dos seus datos por parte da cartvg?

Os datos persoais facilitados polo usuario serán tratados coa seguinte finalidade:

  • Facer efectivo o rexistro do usuario para permitirlle o acceso aos produtos e servizos que lle poidamos ofrecer.
  • No caso da utilización da Aplicación da CRTVG, e sempre que exita un consentimento expreso e estea activada a función de xeolocalización no dispositivo, trataranse os datos relativos á localización do dispositivo desde a cal o usuario acceda á aplicación. Estes datos relativos á xeolocalización serán emprezados para coñecer en que zonas xeográficas a aplicación é máis utilizada, así como para poder coñecer o perfil do interesado utilizando esta información e a derivada da relación entre o usuario e a CRTVG, para poder ofrecer, no seu caso, publicidade personalizada, propia da CRTVG.

A CRTVG realizará este tratamento sempre que o usuario menteña a función de xeolocalización habilitada no seu dispositivo e o autorice expresamente mediante a aceptación da mensaxe de consentimento específico ao acceder á aplicación. O usuario poderá retirar este consentimento segundo se expón nesta política de privacidade.

O usuario ten a posibilidade de desactivar a función de xeolocalización nos "Axustes" do seu dispositivo. Para iso, deberá dirixirse á función de "Axustes" do dispositivo en concreto e desactivar a función de xeolocalización para a aplicación ou plataforma da CRTVG. A partir dese momento, os datos relativos á xeolocalización do interesado non serán recibidos por parte da CRTVG e, polo tanto, non poderán ser tratados, se ben o usuario ha de ser consciente que a retirada do consentimento como neste apartado se determina non afectará aos datos obtidos e tratados durante o tempo no que mantivo o seu consentimento.

5. Cal é a lexitimación do tratamento?

O tratamento dos datos do usuario baséase no consentimento expreso que se lle solicita e que acepta e ao que pode opoñerse en calquera momento.

A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais tamén pode vir derivada do concepto de interese lexítimo que poida ter a compañía con base na regulación establecida nas lexislacións que fosen aplicables ao caso.

6. Cal é o prazo de conservación dos datos persoais dos usuarios?

Os datos persoais conservaranse mentres se manteña a relación co usuario ou ata que exercite o seu dereito de oposición e/ou cancelación de datos. Unha vez rematada a relación ou exercitados os devanditos dereitos, os datos bloquearanse durante todo o tempo esixido pola lexislación aplicable e ata que prescriban as eventuais responsabilidades derivadas do tratamento.

7. Cales son os datos do usuario que poderá tratar crtvg?

CRTVG tratará as seguintes categorías de datos do usuario:

a) Datos proporcionados polo propio usuario

  • Datos identificativos: nome, apelidos, DNI e fotografía na que conste unha imaxe persoal identificable.
  • Datos de contacto: Domicilio, enderezo de correo electrónico e teléfono.

b) Datos obtidos doutras fontes distintas do propio usuario, como, por exemplo, fontes accesibles ao público.

c) Datos derivados do desenvolvemento da relación:datos proporcionados de forma indirecta polo cliente o derivar da propia navegación da páxina web, do acceso á área privada ou calquera outro de análoga natureza que permita a súa recepción.

d) Nome de dominio do provedor (PSI) e/ou enderezo IP que lles dá acceso á Rede, co fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.

A estes efectos, utilizaranse datos obtidos a través de Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). A información así obtida é totalmente anónima, e en ningún caso será asociada a un usuario concreto e identificado.

e) Naqueles casos en que o usuario facilite a CRTVG datos de terceiros, manifesta que informou e obtivo o consentimiento previo de dita persoa para que seus datos personais sexan tratados por parte de CRTVG. En caso de que CRTVG fose condenada por un tratamento non autorizado, resérvase o dereito a repercutir ditas sancións ao usuario que facilitou os datos sen consentimento previo do titular.

8. Quen son os destinatarios dos datos do usuario?

A CRTVG non realizará ningún tipo de cesión de datos a terceiros que non teña unha base xurídica que o xustifique ou que dita cesión se atope lexitimada por algunha causa.

Polo tanto, informámolo de que os seus datos serán obxecto de tratamento unicamente por CRTVG (Televisión de Galicia e Radio Galega) dentro do ámbito da súa propia páxina web e dos soportes dixitais a través dos que se poida interactuar.

Sen prexuízo do anterior, CRTVG poderá contratar servizos de almacenaxe na nube ou “Cloud” con entidades cuxos servidores están radicados fóra do Espazo Económico Europeo. Non obstante, CRTVG asegurarase de que estes provedores garanten as medidas adecuadas para levar un nivel equiparable de protección en termos do disposto na normativa de protección de datos.

9. Cales son os seus dereitos?

A normativa de Protección de Datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos e que vostede poderá exercitar, adxuntando a copia do su DNI á reclamación. Os dereitos son os seguintes:

  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que se están levando a cabo.
  • Dereito de rectificación: pode modificar os seus datos por ser inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento: cando vostede otorgou o consentimento para o tratamento dos seus datos relacionados con distintas cuestións poderá proceder á súa limitación.
  • Dereito de supresión: solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
  • Dereito de oposición: solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais anteriormente mencionado.
  • Dereito a revogar o consentimiento prestado.
  • Dereio a interpoñer unha reclamación fronte a unha autoridade de control (en España a Axencia Española de Protección de Datos –AEPD-)

Poderá exercer os seus dereitos a través de correo postal ao domicilio en Bando - San Marcos, 15.820 de Santiago de Compostela (A Coruña) ou por correo electrónico a lopd@crtvg.es, acreditando a súa identidade cunha copia escaneada do seu DNI ou documento equivalente, e especificando o dereito que desexa exercer para poder responderlle convenientemente e non demorar a tramitación.

O usuario terá dereito a formular unha queixa ou reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) e ante o Delegado de Protección de Datos da CRTVG (lopd@crtvg.es).

10. Cales son as medidas de seguridade que aplicará crtvg?

CRTVG tratará os datos do usuario en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de secreto respecto dos mesmos, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando ao efecto as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

 

Condicións de uso da páxina web

Estas condicións regulan o uso do servizo da nosa páxina web http://www.crtvg.es (en diante, a páxina web) que a CRTVG poñen gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. Mediante esta páxina web non é posible realizar contratación electrónica, polo que os prezos e tarifas reflectidos, que inclúen os impostos indirectos, terán en todo caso, carácter meramente informativo. 

A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario da mesma e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

CRTVG resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as presentes disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación. 

CRTVG non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente as interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, CRTVG declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos. 

CRTVG facilita o acceso mediante enlaces, a outras páxinas web que consideramos que poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de Internet. No entanto, esas páxinas non pertencen á CRTVG, non facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso. 

Todo o contido dispoñible na web (texto, gráficos, logotipos, iconas, imaxes, clips de audio, recompilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais, etc.) é propiedade da CRTVG e/ou se atopa lexitimamente explotados en virtude de acordos ou licenzas de uso e está protexido polas leis de Propiedade Intelectual e Industrial, polo que non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito. O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza nesta web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades contrarias á lei. 

O usuario obrígase a usar a páxina web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de: 

  • Suprimir, eludir ou manipular o “copyright”, marcas e demais datos identificativos dos dereitos da CRTVG ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou produtos comercializados desde a nosa páxina web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismos de información que puideren conter os mesmos. 
  • Empregar os contidos e, en particular, a información da CRTVG, obtida a través da nosa páxina web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas. 
  • Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido. 
  • En xeral, utilizar os contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública.

As cuestións relacionadas co uso desta web ou os seus contidos rexeranse e serán interpretadas conforme ás presentes Condicións de Uso e a lexislación española, someténdose as partes, salvo nos casos en que non estea legalmente permitido, á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, provincia da Coruña (España) para a resolución dos conflitos concernentes ao uso desta web, con renuncia de forma expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. 

 

Condición de uso dos blogs, comentarios e redes sociais

A participación do usuario nos blogs, comentarios ou redes sociais ás que estea vinculada a CRTVG, ou calquera outro servizo ofrecido pola web, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose CRTVG o dereito a denegar ou retirar o acceso aos mesmos de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as mesmas. 

Para poder participar activamente nos referidos servizos en calidade de usuario, deberá ter, como mínimo, 14 anos de idade. En caso de dúbida sobre a idade dun usuario, CRTVG poderá solicitar a verificación da mesma a través de calquera medio válido en dereito. 

Concretamente, os blogs e comentarios, pretenden ser unha unha ferramenta dixital gratuíta que CRTVG pon a disposición dos visitantes da súa web para a publicación de valoracións relativas aos contidos da mesma e para expor as súas opinións sobre as emisións da TVG e RG. A intervención dos visitantes na sección de comentarios levarase a cabo a través dun nome de usuario persoal e unha clave secreta elixida polo propio interesado, que se validará contra o correo electrónico facilitado polo mesmo, e da que se deberá facer un uso dilixente e confidencial. No caso dos blogs bastará, con carácter xeral, a introdución dun alias ou sobrenome e unha conta de correo electrónico para a súa validación.

Debido á finalidade propia das devanditas ferramentas, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio, ou que puidese perturbar o funcionamento normal dos blogs ou comentarios. En especial prohíbese a publicación de promocións e enlaces a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria. 

Se un usuario se vise afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte doutros usuarios, poderá polo en coñecemento da CRTVG, a través de info@crtvg.es, para que esta poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, CRTVG non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos usuarios que unicamente expresan a opinión do seu autor. 

En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través de blogs e comentarios de datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, absténdose de incluír nas ferramentas da web a referida información en caso contrario. En calquera caso, recoméndase aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar devanditos contidos, para evitar pór en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que adoita frecuentar. Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes. 

 

Condicións de uso do servizo de mensaxería

Co envío de calquera mensaxe para acceder e activar os servizos anunciados na páxina web gcontigo.gal, o usuario autoriza que os datos persoais comprendidos na devandita comunicación (número de teléfono) serán obxecto de tratamento nun ficheiro cuxo responsable é Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., con domicilio social en Bando-San Marcos, CP 15820 Santiago de Compostela, coa única finalidade de xestionar a petición solicitada e sen que devanditos datos sexan comunicados a terceiros. Así mesmo, poñemos no seu coñecemento que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante a súa solicitude á dirección arriba indicada, ou ben a través de correo electrónico ao seguinte enderezo: lopd@crtvg.es, en ambos os casos cunha fotocopia do seu DNI.

Requisitos para o envío de material audiovisual á corporación radio e televisión de galicia, s.a. 

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG), entidade prestadora no servizo público de comunicación audiovisual de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, con domicilio social en Bando, San Marcos, s/n, conta con diversas vías a través das cales a cidadanía lle pode enviar determinado contido audiovisual para a súa emisión a través dos seus medios de comunicación. O envío do material audiovisual (en diante o material) implica a aceptación por parte do remitente das seguintes condicións:

  • Poderán enviar o material as persoas físicas maiores de idade.
  • O envío poderá realizarse a través da web www.crtvg.gal , desde as redes sociais ao perfil indicado ou o correo electrónico facilitado, ou por calquera outro medio habilitado.  O material non poderá conter ningún tipo de elemento que poida prexudicar o correcto.
  • O remitente deberá facilitar os datos que se soliciten, así como calquera información sobre o seu contido.
  • O remitente mediante o envío cede á Corporación RTVG, con carácter gratuíto, sen limitación temporal nin territorial e sen limite de pases, a emisión do material en calquera dos programas da Corporación RTVG ou campañas promocionais que se emitan en calquera dos medios da Corporación RTVG. Así autoriza a súa reprodución, distribución, transformación e comunicación pública por televisión por calquera sistema técnico e en calquera soporte así como a través de Internet (páxinas web, redes de comunicación social, aplicacións móbiles, etc). O remitente tamén autoriza a utilizar o material para a promoción dos programas ou canais da Corporación RTVG. A Corporación RTVG respectará os dereitos morais dos usuarios sobre o material que aporte, especialmente a súa condición de autor. 

O remitente garante que a obtención do material foi realizada directamente por el, ou que conta coa autorización do autor para a súa remisión, e que está capacitado para cederllo á Corporación RTVG nos termos regulados neste documento. No caso de que aparezan persoas distintas ao remitente deberá contar co consentimento de ditas persoas para realizar a comunicación pública da súa imaxe. 

O material deberá cumprir á normativa reguladora da propiedade intelectual, coa normativa reguladora do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e a protección de menores, responsabilizándose o remitente perante a Corporación RTVG de calquera reclamación ou indemnización que se puidese realizar polo seu incumprimento. 

O envío do material non implica a súa emisión pola Corporación RTVG, que se realizará en atención, entre outros criterios,  a súa calidade, o seu interese e actualidade. 

Co envío do material o remitente acepta os requisitos contidos no presente documento que está a súa disposición na páxina web www.crtvg.gal para a súa consulta, así como a política de privacidade da Corporación RTVG.

 

Contacto

Para calquera dúbida, suxestión ou incidencia técnica sobre a nosa páxina web ou sobre a nosa aplicación móbil, poden dirixirse á nosa páxina de contacto a través da seguinte ligazón: https://portal.crtvg.gal/es/crtvg/contacta-principal

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade