div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Estrea da película para toda a familia 'Voando xuntos' e curtas para nenos en AGalega e Xabarín

Dispoñible para dispositivos móbiles en Android e iOS, e tamén para smart tvs, AGalega é a maior plataforma con contidos audiovisuais en galego

 

 

crtvg.gal 26/03/2024 11:21

Santiago, 26.03.2024.-    A plataforma dixital AGalega propón cine infantil e familiar para estas vacacións de Semana Santa. Para o público infantil, Xabarín.gal conta coa sección ‘Filmes pequenos’ con catro películas curtas: O Grúfalo, A filla do Grúfalo, e A rebelión dos contos I e A rebelión dos contos II’.

‘O Grúfalo’ é unha curtametraxe de animación de media hora que namorou a medio mundo: foi candidata ao Óscar como mellor curtametraxe de animación no ano 2009. En ‘A filla do Grúfalo’, a pequena grúfala adéntrase no bosque disposta a coñecer a ese terrible rato ao que tanto teme seu pai. Existirá de verdade ese malvado ser? As aventuras do Grúfalo e da filla do Grúfalo son dúas encantadoras historias, baseadas nos contos clásicos da escritora inglesa Julia Donaldson, recoñecida como un dos referentes da literatura infantil contemporánea.

Baseadas na obra homónima de Roald Dahl, as curtametraxes ‘A rebelión dos contos I’ e ‘A rebelión dos contos II’, ofrecen unha nova visión dos contos clásicos, cambiando os roles dos protagonistas e, en consecuencia, o seu final, cunha narración en verso enxeñosa e humorística. Imaxinemos que Carapuchiña Vermella e Brancaneves son vellas amigas. Aliaríanse para desfacerse dos depredadores esfameados ou da sogra asasina? E que pasaría se a Cinsenta non quixese o príncipe azul?

Película de aventuras para todos: 'Voando xuntos', este mércores

Agalega.gal estrea este mércores a película de aventuras ‘Voando xuntos, baseada nunha historia real. Nela Thomas, un rapaz obsesionado cos videoxogos, non quere pasar unhas vacacións en plena natureza co seu pai, científico dedicado ao estudo dos gansos salvaxes. Porén, pai e fillo uniranse nunha aventura incrible: salvar unha especie en perigo de extinción coa axuda dun ultralixeiro.

​​​​​​​AGalega naceu en xaneiro con dúas apps integradas, Xabarín e AGalegaAudio, que tamén se poden descargar de forma individual. Ao igual que outras plataformas como Netflix ou Amazon Prime, os contidos de AGalega van rotando e non están dispoñibles todos ao mesmo tempo, na procura dun servizo atractivo para o usuario, que pode rexistrarse para gozar das funcionalidades personalizadas e os avisos de contidos exclusivos da plataforma. agalega.gal

​​​​

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade