div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG producirá oito obras de teatro galego para televisión

Gravaranse no auditorio do Grove con presenza de público e a participación de artistas convidados  

O programa, 'Fila 1, Butaca G', será unha plataforma de visibilidade para o traballo de compañías, actores e actrices galegos

 

crtvg.gal 25/01/2024 12:30

Santiago, 25.01.2024.- A TVG emitirá obras de teatro galego adaptadas para televisión nun proxecto audiovisual que inicia a produción nos próximos días. En total, en 'Fila 1, Butaca G' programaranse oito obras recoñecidas polo público e a crítica, que se gravarán no auditorio do Grove (Pontevedra) con presenza de público e con artistas convidados. Deste xeito creativo preténdese poñer en valor, e a disposición dos televidentes, algúns dos mellores exemplos da dramaturxia galega.

    O proxecto, que desenvolve a produtora Tamboura, abrangue oito obras teatrais: ‘Somos criminais’, de Aíné Producións; ‘Hoy puede ser mi gran noche’, de Teatro en Vilo; ‘Saaabor!’, de Cultura Activa; ‘Chungo’, de Luís Zahera; ‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro; ‘Códice K’, de Ainé Producións; ‘Amantis’, de Rebordelos, e ‘DEP, unha comedia de morte’, de Malasombra Produciones.

    O obxectivo da televisión pública galega é aproveitar e divulgar o traballo realizado polas compañías, actores e actrices para levar o teatro a todos os galegos a través dos medios públicos. Isto permitirá destacar o calibre artístico dos profesionais da representación galegos e brindarlles unha plataforma de visibilidade. Ademais, 'Fila 1, Butaca G' poñerá en valor  destacados directores como Cándido Pazó ou Tito Asorey. A aparición de caras coñecidas que falen e comenten o espectáculo desde o humor e cos seus coñecementos artísticos, completará o proxecto, presentando cada obra, contextualizándoa e achegando unha reflexión final.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade