div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Xente Marabillosa' recolle o Premio Iris da Academia da Televisión ao mellor programa autonómico

TVG, Canal Sur, Televisión Canaria, Telemadrid e CMMedia emiten este espazo, que en Galicia se ofrece no prime time dos mércores e que amosa o lado bo do ser humano ante a inxustiza

Os galardóns foron entregados este martes en Madrid, nunha gala que celebrou o seu 25º aniversario

crtvg.gal 17/01/2024 12:03

Santiago, 17.01.2024.-    O espazo da Televisión de Galicia ‘Xente Marabillosa’ recibiu este martes en Madrid o Premio Iris ao mellor programa autonómico, concedido pola Academia da Televisión na 25ª edición destes galardóns. O formato emítese tamén en Canal Sur, Televisión Canaria, Telemadrid e CMMedia, a canle de Castela A Mancha.

‘Xente Marabillosa’ é un espazo presentado por Lucía Rodríguez, no prime time dos mércores da TVG, que amosa o lado bo do ser humano e premia as persoas que actúan excepcionalmente nunha situación inxusta. Para iso, recrea con actores noticias reais de discriminación ou inxustiza social, co asesoramento de ONG e asociacións. As cámaras ocultas buscan a reacción de persoas anónimas e famosos neste contexto. Cando defenden a quen sofre un tratamento inxusto, o programa destaca o seu xesto e pono como exemplo de civismo e bos valores.

Cos Premios Iris, a Academia da Televisión e das Ciencias e Artes do Audiovisual, salienta o traballo das canles que emiten en España en aberto na TDT a nivel nacional ou autonómico. Este martes conmemoraron o seu 25º aniversario nunha gala celebrada no Gran Teatro Caixabank Príncipe Pío de Madrid e en que se lle rendeu homenaxe á historia dos Premios neste cuarto de século.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade