Bases Concurso "CANCIÓN DO NADAL 2024" - CRTVG
Bases Concurso "CANCIÓN DO NADAL 2024"
BASES CONCURSO A CANCIÓN DO NADAL 2024
Primeira. Obxecto.
A Corporación RTVG organiza un concurso en que premiará a canción do Nadal 2024.
Buscamos a banda sonora deste Nadal e para iso queremos seleccionar a mellor canción
entre as propostas que no s envíen de toda Galicia. As cancións, tanto na parte musical
coma na letra, teñen que ser inéditas. A letra ten que ser en lingua galega. Teñen que ser
totalmente orixinais. A temática da canción é libre.
O/a aspirante, ao enviar o formulario de inscrici ón, autoriza expresa e irrevogable á
Corporación RTVG para que poida, directa e/ou indirectamente, reproducir e comunicar
publicamente a obra musical que resulte seleccionada como gañadora, ben de maneira
conxunta ou ben individualmente, e aos efectos enun ciativos, pero non limitativos en
calquera medio radiofónico e/ou televisivo (analóxicos, dixital, cable, TDT, etc.), tanto para
streaming como descargables de audio e/ou vídeo dixital en Internet e, en todo caso, en
calquera medio pertencente á Corporaci ón RTVG que sexa estimado beneficioso para a
difusión deste concurso. Estes dereitos son cedidos para todo o mundo e ata a entrada das
gravacións no dominio público, polo tempo máximo establecido na Lei de Propiedade
Intelectual.
Tamén autoriza a emitir a canción coa que participa, total ou parcialmente durante o período
de promoción do concurso e os 30 días seguintes.
Así mesmo tamén poderá enviar xunto coa canción proposta un videoclip.
Ademais, os/as artistas que envíen as súas cancións para participar no concurso, deberán
acreditar a autorización de todos os autores da letra e música da canción que propoñan.
No caso de que o/a participante sexa menor de 18 anos, deberá contar coa autorización
expresa dos seus titores legais.
Cada participante (grupo ou solista) tan só poderá presentar unha canción.
Non poderá participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia,
S.A, os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e
afinidade.
Segunda. Forma de participación.
Características das propostas
- Canción cunha duración non superior a 3 minutos, cantada en lingua galega. Tanto na parte musical como na letra, ten que ser orixinal e non ter sido publicada ou distribuída, en todo ou en parte.
Documentación que ten que presentar o /a participante:
- Audio en formato "mp3", e no caso de presentar videoclip, en formato "mp4"
Terceira. Desenvolvemento do concurso.
A canción coa documentación requirida, terá que ser enviada ao correo electrónico
canciondonadal2024@crtvg.gal en formato “.mp3” e dentro do prazo de presentación de
solicitudes. No correo electrónico deberá constar o seu nome, apelidos, D.N.I., teléfono de
contacto e dirección completa tanto do /a intérprete coma do compositor /a e/ou letris ta, no
caso de non ser o mesmo.
Unha vez rematado o prazo de entrega, levarase a cabo o proceso de selección do gañador
do concurso, aínda que existirá unha lista puntuada ata o quinto posto. O xurado estará
composto por 5 persoas designadas pola direcció n da Corporación Radio e Televisión de
Galicia. A composición do xurado será publicada na páxina web www.crtvg.gal
O xurado, terá en especial consideración á hora de elixir o gañador:
- A orixinalidade A orixinalidade
- A calidadeA calidade técnica técnica
- O acompañamento dun videoclip. O acompañamento dun videoclip.
Cuarta. Presentación de propostas.
O prazo de presentación das propostas será de s de o venres 25 de outubro a ta o luns 2 de decembro de 2024, ambos incluídos.
Quinta. Premio.
A proposta gañadora está premiad a c unha dotación económica de 1.500 euros, suxeita á
correspondente retención do IRPF. A organización resérvase a opción de declarar deserto o
premio, no caso de falta de calidade nos proxectos.
O gañador do premio coñecerase o martes 10 de decembro de 2024. Publicarase na páxina
web da Corporación RTVG.
O gañador deberá acreditar, denantes de recibir o premio, que cumpre os requisitos de
participación esixidos nestas bases.
En caso de incumprimento destes requisitos, imposibilidade de contactar co gañador ou de rexeitamento do premio por parte deste, será seleccionado como novo gañador o seguinte
clasificado.
Sexta. Contido das cancións.
As letras das cancións e o videoclip respectarán os Criterios Reitores da Dirección Editorial
da CRTVG, aprobados polo Consello de Administración da Corporación Radio e Televisión
de Galicia, S.A . e publicados no Portal da Transparencia da súa web corporativa
(www. crtvg.gal ), así como a lexislación relativa ao dereito ao honor, á i ntimidade persoal e
familiar, á propia imaxe e á protección de menores.
Serán rexeitados os que incumpran dita normativa, así como os que incumpran uns criterios
de calidade mínimos.
Sétima. Aceptación das bases.
A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases que
poden ser consultadas polos participantes na páxina web www. crtvg.gal
O organizador resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do concurso á súa
enteira discr eción, para o cal informará pertinentemente a través dos mesmos medios en que
se publicitou o concurso, modificando as bases, se o considerara oportuno.
En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases,
prevalecerá o criterio da Corporación RTVG.
Oitava.
Protección de datos de carácter persoal.
A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base
no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de
2016, relat ivo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter
persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro , de
Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais a finalidade da re collida e
tratamento dos datos de carácter persoal que o /a participante facilita durante a súa
participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesaria
para o desenvolvemento e cumprimento do concurso.
Ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga
legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que
legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación,
Supresión, O posición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da
Corporación RTVG (Bando San Marcos, s/n. 15820. Santiago de Compostela), ou mediante
correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI.
Tamén pod erá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.
Novena. Exención de responsabilidade por mal funcionamento da rede.
A Corporación RTVG queda exonerada de toda responsabilidade no caso de mal
funcionamento das redes de comunicación telemá tica que impidan o normal
desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas e especialmente por actos externos de
mala fe. Tampouco será responsable a Corporación RTVG dos problemas de transmisión ou
perda de datos non imputables a esta.