div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Rosa López presenta o seu novo sinxelo nun 'Luar' que contará tamén coa presenza do grupo Locomía

Ademais, o programa (22:00 h) ofrecerá as actuacións da orquestra Costa Dorada, das agrupacións tradicionais Campaíña de Axio Mouro e O Son do Castro e do grupo de pandeireteiros Os Carecos

crtvg.gal 10/05/2024 00:05

Santiago, 10.05.2024.-    O programa ‘Luar’ contará este venres coa presenza da artista granadina Rosa López, que lle presentará a público e audiencia ‘9.6’, o novo sinxelo do que será o décimo álbum da cantante, ‘12 diamantes negros’. A voz detrás de éxitos que tocaron o corazón de milleiros de persoas ofrece con este tema unha exploración crúa e honesta dos sentimentos de insuficiencia e a dor que acompaña o amor non correspondido.

No escenario tamén estará hoxe un dos grupos máis brillantes da escena musical española, Locomía, un cuarteto que revolucionou as discotecas do país e puxo a todo o mundo a bailar a finais dos 80.

O cartel musical desta semana complétase coa orquestra Costa Dorada, as agrupacións tradicionais Campaíña de Axio Mouro e O Son do Castro e o grupo de pandeireteiros da zona do Ortegal Os Carecos, amantes da música e do baile tradicional galego.

Como é habitual, o programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez contará con humor, a cargo hoxe de Campos e Crespo, e con maxia, que chegará da man de Cayetano Lledó, produtor teatral, ilusionista e actor da improvisación cuxos traballos se fundamentan na comedia e na maxia cómica.

No tempo de ‘Recantos’, despois da ‘repesca’ realizada durante as dúas últimas semanas, o concurso continúa o seu desenvolvemento habitual, desta volta coas actuacións de Paula Suárez, procedente da Costa da Morte, e de Xela Burgué, representante da comarca Montaña de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade