div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O programa 'Bamboleo' fusiónase esta noite co mítico 'Supermartes' para lembrar algúns dos mellores momentos dos 40 anos da TVG

Lucía Regueiro e Fran Cañotas conducirán unha nostálxica velada (21:50 h) que terá continuidade cada sábado e que contará coas famosas e lembradas probas de ‘O Mentireiro Verdadeiro’ e as ‘Superprendas’

Atilano e a súa trompeta non poden faltar na estrea de ‘Superbamboleo’, que recibirá caras coñecidas do ‘Supermartes’ como Marcos Pereiro e David Amor, e terá como convidado o cantante ‘Raúl’

crtvg.gal 22/10/2024 02:00

Santiago, 22.10.2024.-    Este martes será un día ‘súper’ na Televisión de Galicia. Máis de tres décadas despois da súa primeira emisión, en 1992, a canle autonómica homenaxea un dos seus programas históricos: o ‘Supermartes’. Ante o inminente 40 aniversario da TVG, que se celebra o ano que vén, o espazo ‘Bamboleo’ fusiónase co ‘Supermartes’ para rememorar vellos tempos e algúns dos mellores momentos que se viviron na Galega durante estas catro décadas de historia. Todo isto, da man de Lucía Regueiro e Fran Cañotas, que se incorpora ao equipo do programa.

Os espectadores desta nova aposta, convertida en ‘Superbamboleo’, poderán gozar das probas máis coñecidas e lembradas do ‘Supermartes’, como ‘O Mentireiro Verdadeiro’ e os seus obxectos nada usuais, ou o atrevido reto das ‘Superprendas’, onde, se os concursantes se descoidan, poden acabar espidos. A estes concursos tan populares sumaránselles os máis queridos de ‘Bamboleo’, como ‘A ITV do Amor’, ‘A Jrileira’ e o ‘Dirtidansi’.

Na estrea de ‘Superbamboleo’, algunhas caras coñecidas do ‘Supermartes’, como Marcos Pereiro, David Amor ou as inesquecibles axudantes lembrarán vellos tempos. Non podían faltar Atilano e a súa trompeta neste programa, que terá como primeiro convidado o cantante Raúl, co seu grande éxito ‘Sueño su boca’.

Así pois, a parte máis musical e divertida de ‘Bamboleo’ fusiónase co concurso ‘Supermartes’, para dar lugar a un formato para todos os públicos que este martes chega ás pantallas da Televisión de Galicia e que, a partir do 26 de outubro, terá continuidade os sábados pola noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade