div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

‘Chungo’, o monólogo de Luís Zahera, no prime time do domingo na TVG

90 minutos de pura comedia, nos que o actor repasa con moito humor e retranca a súa traxectoria personal e profesional

Verase dentro do espazo ‘Butaca G. Fila1’, pola primeira canle ás 22:00 horas

crtvg.gal 15/06/2024 23:55

A TVG emite este domingo á noite, ‘Chungo’ o monólogo no que Luís Zahera presenta a súa vida que vén de triunfar en xira teatral por toda España. Dentro do espazo ‘Butaca G. Fila1’, ‘Chungo’ regala 90 minutos de pura comedia, nos que o actor, quen fora o famoso Petroleo de ‘Mareas vivas’ e o carteiro máis famoso do ‘Luar’ repasa anécdotas que transportarán o público ao surrealismo que el afronta cada mañá ao espertar.

    O galego Luís Zahera, gañador de dous premios Goya e presente en producións como ‘As bestas’, ‘Entrevías’, ‘Vivir sin permiso’, ‘El Reino’, ‘Alatriste’, ‘Celda 211’, entre outras, fai neste show un percorrido pola súa traxectoria tanto profesional como persoal e ponse en ridículo a si mesmo.

Este espazo quedará dispoñible desde o luns na nova plataforma dixital, AGalega.gal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade