div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 84

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 136

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira centrada na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan de que Anxo está a mellorar coa guitarra e das festas de aniversario.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 420

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' amosa hoxe as tendencias en peitados de comuñóns e o interese polo coches teledirixidos, fala de nenos con altas capacidades e visita unha biblioteca na antesala da época de exames.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 25.05.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.05.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.05.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 806

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Inicíase unha nova semana no ‘Atrápame se podes’ coa tripulación formada por Chus, de Arteixo; Kevin, de Palas de Rei; Marta, de Pontevedra; Marta Medela, de Culleredo, e Rodrigo, de Viveiro. O bote do programa está nos 31.700 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.

16:30 h

CASAMOS!: Tania e Abel

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. A gran voda galega de Tania e Abel chega hoxe a 'Casamos!'. Unha celebración enxebre, con música e tradición, para coroar 12 anos de amor.

17:45 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Monforte de Lemos: Brendan e Pilar, Xavier e Josi

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupifurgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

18:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1019

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 11

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.05.2026

21:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 105

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Ás propostas de humor do ‘Land Rober + Show’ únese hoxe a participación dun cantautor de renome.

22:45 h

O DÍA DA ROMARÍA: Romaría da Franqueira

Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. A primeira entrega do programa mergullarase na Romaría da Franqueira, unha das celebracións máis emocionantes de Galicia, seguindo os preparativos, os camiños, as ofrendas e a chegada das imaxes ao santuario.

23:40 h

ESPECIAL: Pídechas o Corpo: A Franqueira

O comunicador Marcial Mouzo conduce os espectadores pola tradición e a celebración da romaría da Virxe da Franqueira.

div-crtvg-top2

Publicidade