Menu Display

Logo de CSAG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Preguntas frecuentes - Contenido

Preguntas frecuentes

Como podo facer para asistir a Luar?

Pode facelo a través do Servizo de Relacións Públicas da Televisión de Galicia. Tan só ten que chamar ao número 981 540 642 ou escribir ao mail rrpp@csag.gal

Cales son as condicións para o envío de material á CSAG?

Podes consultar as condicións legais premendo aquí.

Onde envío as miñas fotos para O Tempo?

O enderezo para enviar as fotos do tempo é otempo@csag.gal. Podes consultar as condicións

Onde podo comentar os contidos desta web ou da TVG e da Radio Galega?

Esta web ofrece a posibilidade de rexistrarse e comentar as noticias e programas, tras a supervisión polo moderador. Ademais tamén inclúe o rexistro a través de Facebook.

Por outra parte, a través dos perfís sociais de Facebook da Televisión de GaliciaFacebook da Radio GalegaX da Televisión de Galicia e X da Radio Galega os usuarios adoitan deixar os seus comentarios.

Como podo facerlles chegar a miña idea de programa de televisión?

A CSAG segue un procedemento especial para a presentación de proxectos audiovisuais de interese para a canle pública galega. A este procedemento e ficha de inscrición pódese acceder a través do portal de transparencia, na sección de contratos-e-convenios/contidos-audiovisuais.

[descargar pdf]

Como podo enviarlles o meu curriculum?

Na CSAG non se reciben currículums xa que a provisión de postos de traballo se fai por oferta pública. A información pódese consultar en: https://crtvg.gal/gl/procesos-de-selección-persoal-en-prácticas-e-ampliación-listaxes-de-contratación

Como podo sintonizar a TVG fóra de Galicia?

En España:

  • A través de Movistar+
  • A través MasOrange: MasMovil TV, Orange TV, Yoigo TV, Jazztel TV, Pepe TV, R Cable, TeleCable e Euskaltel. 
  • A través de Vodafone: Vodafone TV e Lowi TV.
  • A través de DIGI TV

En Europa:

  • En Portugal: a través de Vodafone, Meo, e Nos. 
  • En Suiza: a través de Swisscom, Salt Mobile (paquete Le Bouquet Espagnol), Sunrise TV, e a través do agregador de contidos Netstream en Thurcom TV, TV Plus AG e Spare GmBH.
  • En Francia: por medio de Le Bouquete Espagnol en Orange, SFR, Free e Bouygues.

En América:

  • Na Arxentina e no Uruguai: a través de Cablevisión, Equital, Teledifusora San Miguel Arcángel, Ver TV, Red Intercable, Telemás, Motecablevideo, Tractoral, Riselco, Cable Plus, Teledifusora e Paralelo 52TV.
  • En México: a través da plataforma Sky, Cablevisión e IZZI (servizo IPTV do grupo Televisa).
  • En Panamá: a través de MasMovil (anteriormente Cable Onda), Tigo (anteriormente Cable Onda&Wireless) e Sky Panamá.
  • En Centroamérica: a través de Sky chega a Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e República Dominicana.
  • Se vostede ten unha parábola orientada ao satélite Hispasat 30ºW e un receptor para canles en aberto, pode sintonizar na frecuencia 12.052 Mhz Vertical e symbol rate 27.500 Msym/seg.

En todo o mundo:

Pode verse TVG e G2 nas plataformas televisivas de pago?

A Televisión de Galicia pode verse a través das plataformas televisivas de pago Movistar+, Vodafone, MasOrange e Digi TV tanto no caso de que reciban o sinal por Internet como por satélite. TVG e G2 só poden verse en Galicia; fóra da comunidade, emítense os sinais TVG Europa e TVG América.

A vontade da CSAG é estar presente na oferta de todas as plataformas pero correspóndelles a ditas compañías a decisión final sobre os contidos que poñen a disposición dos espectadores.

En Galicia:

  • Movistar

TVG

canle 9-GAL

G2

canle 10-GAL

  • Vodafone

  • MasOrange

  • Digi

TVG

canle 7-GAL

G2

canle 8-GAL

 

Fóra de Galicia:

  • Movistar

TVG Europa HD

canle 151 IPTV

TVG Europa SD

canle 152 SAT

  • Vodafone

G TV Europa

canle 901 VDF TV

  • Lowi

G TV Europa

canle 401 LOWITV

  • MasOrange

G TV Europa

canle 195

  • Digi

G TV Europa

canle 205

​​

Como podo sintonizar a Radio Galega fóra de Galicia?

Pode acceder ás emisións en directo de Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio a través desta mesma web, na sección “RG en directo”: https://agalegaaudio.gal

Por outro lado, pode acceder desde todos os dispositivos móbiles smartphone ou co sistema operativo Android e para Ipad, a través das utilidades da aplicación app AGalega.

Como podo conseguir a copia dun programa ou noticia?

Pode realizar os pedidos de copias a través do departamento de Documentación, tendo en conta que o servizo está suxeito a unha tarifa. O formulario de solicitude está en: https://www.crtvg.gal/gl/crtvg/portal-de-transparencia/servizo-de-documentaci%C3%B3n

Como podo baixar un programa colgado nesta web?

Os programas da nosa web non poden ser baixados nin copiados. A única opción é solicitalos seguindo as indicacións da pregunta anterior.

Como podo volver ver un partido emitido por esta web?

En https://agalega.gal na pestana de Deportes vostede pode atopar  e ver a maioría dos encontros que se emitiron nos últimos meses a través desta web.