Navigation Menu

Logo de CRTVG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Margarita López Blanco - Contenido

Fotografía de Margarita López Blanco

Margarita López Blanco

Funcionaria de carreira. Administración local. Grupo A1.

Titulación académica

  • Licenciada en Dereito. Máster en Xestión Cultural (USC-UNED).
  • Comunicación, rama de xornalismo (Universidade Carlos III-Unir).
  • Titulada superior en inglés, francés e galego pola Escola Oficial de Idiomas e o Centro de Linguas Modernas (USC).
  • Formación de experta universitaria en coaching, comercio exterior e administración local (UNED).

Traxectoria profesional​​​​​​​

  • Prácticas e colaboracións en varios despachos de avogados (1994-2000).
  • Avogada colexiada e en exercicio en Lugo (1997-2000)
  • Guionista, produtora e presentadora de televisión no Grupo El Progreso (1997-2000).
  • Bolseira para estudos de guión audiovisual na produtora CTV, S.A.
  • Asistente técnica e intérprete para a Fundación Araguaney en Alemaña (2000).
  • Funcionaria da Deputación Provincial de Lugo: intérprete de inglés e francés e xestión de fondos europeos nacionais e transnacionais (2000).
  • Xefa de Prensa da Deputación Provincial de Lugo (2001-2007).
  • Responsable de Contratación da Deputación Provincial de Lugo, técnica de asesoría xurídica, responsable administrativa do Centro de Artesanía, técnica do Servizo de Cooperación con Concellos (2007-2015).
  • Xefa de Gabinete da Deputación Provincial de Lugo (2015).
  • Asistencia técnica ao Concello de Outeiro de Rei (2016).
  • Xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo (2017 ata a 2022).
  • Dende o 19 de xullo de 2022, membro do Consello de Administración da Corporación RTVG.

 

Actividade docente

Docente no Máster de Avogacía da USC en colaboración co Colexio de Avogados de Lugo. Materia: Oratoria forense (2012 ata a actualidade).

Actividade cultural 

Directiva do Círculo das Artes de Lugo. Xefa de Comunicación e Tesourería (2016 ata a actualidade). Actividade altruísta.

Formación continua

Na actualidade estuda:

- Alemán, inglés e francés no Centro de Linguas Modernas de Lugo (USC).

- Chinés e italiano na Escola Oficial de Idiomas.

- Comunicación dixital (UNED).

- Cursos de preparación para o doutoramento (USC).

 

Outros datos

Réxime de incompatibilidades.  Margarita López Blanco non está incurso en ningunha das incompatibilidades establecidas no marco normativo que lle é aplicable.