Os medios públicos galegos retransmiten a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda - CRTVG
Os medios públicos galegos retransmiten a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O discurso poderá seguirse na TVG (14:20 h) xusto antes do ‘Telexornal mediodía’, e tamén en lingua de signos en redifusión pola G2 (15:30 h), así como na Radio Galega e na web G24.gal
Santiago, 29.12.2023. Este domingo, antes do 'Telexornal mediodía', arredor das 14:20 h., a Televisión de Galicia emitirá a tradicional mensaxe que o presidente da Xunta de Galicia ofrece nesta data. Este ano o discurso de Alfonso Rueda ofrécese desde a que fora a sede do primeiro Parlamento galgo, o Pazo de Xelmírez, en Santiago.
O discurso do presidente galego poderá seguirse con subtítulos a través das opcións da TDT e tamén con lingua de signos na súa redifusión pola G2 (15:30 h.) Así mesmo, estará accesible en G24.gal, o portal da información da Corporación, e poderá escoitarse na Radio Galega.