div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O actor Tamar Novas e o cantante Xoel López, xuntos no 'Land Rober Tunai Show' deste xoves

Os dous falarán, cantarán e, ademais, virá ao estudio alguén que os vai sorprender, ou máis ben, poñer nun bo aperto culinario

crtvg.gal 19/09/2024 00:01

Santiago, 19.09.2024.-    Este xoves visitan o programa ‘Land Rober Tunai Show’ (21:45 horas) o actor Tamar Novas e o cantante Xoel López. Os dous falarán, cantarán e, ademais, virá ao estudio alguén que os vai sorprender, ou máis ben, poñer nun bo aperto culinario. De quen se tratará?

Na ficción, os espectadores deben estar moi atentos porque o programa vai de visita a Marín. E é que alguén ten algo para a princesa Leonor. Como cada semana, o público tamén será protagonista. Roi Méndez e Eva Iglesias terán que andar con tino para adiviñar as idades exactas dos pintamonas de hoxe. Ademais, non faltará a música e o humor no show presentado por Roberto Vilar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade