A presentadora Lorena Castell e o ex-xogador de baloncesto Audie Norris, convidados a pintar a mona no 'Land Rober Tunai Show' deste xoves - CRTVG
A presentadora Lorena Castell e o ex-xogador de baloncesto Audie Norris, convidados a pintar a mona no 'Land Rober Tunai Show' deste xoves
Nos sketchs de hoxe vai dar moito que falar a renovación dun mítico grupo musical
Santiago, 21.11.2024.- ‘Land Rober Tunai Show’ (21:50 h) recibe esta semana a presentadora Lorena Castell, que vai descubrir o talento que hai entre o público nun xogo de retos, e tamén cantará coa banda do programa. O show está asegurado.
Tamén está convidado a pintar hoxe a mona o ex-xogador de baloncesto Audie Norris, que será posto a proba polo equipo do programa. Público e espectadores coñecerán un pouco máis del e da súa relación con Galicia.
Na ficción, a cousa vai hoxe de música, coa renovación dun grupo musical moi mítico. O cambio vai dar moito que falar. Todo isto, e moito máis, esta noite na Televisión de Galicia, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez.