div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Xosé A. Touriñán contará 'Moito Chiste' no 'prime time' de luns a xoves

Da súa man, este novo programa da TVG levará o mellor humor polos bares e tabernas de Galicia, con catro veciños de cada localidade competindo cada día coas súas chanzas

csag.gal 31/07/2026 17:41

Santiago, 31.07.2026.-    O vindeiro luns 3 de agosto chega á TVG ‘Moito Chiste’, un novo programa que, nas noites de luns a xoves (21:45 h), levará polos bares e tabernas de Galicia o mellor humor, da man de Xosé A. Touriñán

Cada día, catro veciños de cada localidade competirán contando os seus mellores chistes no “mellor programa, pero peor concurso da televisión”, en palabras de Touriñán, en que non gaña o máis simpático, senón quen máis familia leve como público.

Na súa estrea, ‘Moito Chiste’ estará en Vedra, na histórica Taberna do Mosqueiro, epicentro do viño da Ulla, que xa foi estudio de televisión nalgunhas temporadas da serie ‘Era Visto!’. Alí, Touriñán estará acompañado por Inés, Héctor, José e Cañete. Só un deles poderá facerse coa Cunca de Ouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade