div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Un recoñecido actor visita o 'Land Rober + Show', nunha nova noite de humor na TVG

Roberto Vilar protagoniza unha dobre sesión de comedia, tamén coas historias de Teté, Suso e Belén, entre outros personaxes míticos do universo ‘Land Rober’ 

csag.gal 25/06/2026 00:01

Santiago, 25.6.2026-    A TVG propón este xoves unha nova noite de humor da man de Roberto Vilar, cunha dobre cita formada por unha nova entrega do ‘Land Rober + Show’ (21:45 h) e, a continuación, por ‘Por Rober abandónasme’, unha escolma de sketchs protagonizados por algúns dos personaxes máis queridos do universo do programa.

A primeira parada da noite será co ‘Land Rober + Show’, que despide a semana recibindo un dos actores máis importantes da súa xeración. O convidado falará da nova temporada dunha das súas últimas series, ademais doutros novos proxectos que ten entre as mans. O programa contará tamén coa participación da colaboradora Ana Ageitos, que traerá consigo unha emotiva historia. No apartado de ficción, Roberto Vilar e Eva Iglesias interpretarán un sketch arredor dunha situación de parella que se desenvolverá na súa cociña.

Deseguido chegará ‘Por Rober abandónasme’, unha nova selección de momentos protagonizados polos personaxes máis populares do universo ‘Land Rober’. Nesta ocasión, a audiencia poderá gozar das peripecias de Belén e o seu pai bombeiro, das particulares negociacións para a compravenda dunha finca ou dunha inesperada visita da Axencia Tributaria ao mediático Suso na súa aventura andorrana.

A recompilación incluirá tamén situacións cómicas protagonizadas por Teté e o seu fillo Miguel, un peculiar director de banco, un barista e mesmo unha singular reunión cunha conselleira que acabará derivando en situacións do máis divertidas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade