div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia, líder de audiencia no prime time do martes cun 12,9%

A proposta de entretemento da Galega convenceu a audiencia co concurso ‘Eu sei + ca ti’ (14 %) e a gran final de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (15,4 %)

csag.gal 06/08/2025 12:52

Santiago de Compostela, 06.08.2025.-   O prime time da TVG acadou un 12,9 % de cota de pantalla este martes, nunha noite en que se emitiu a gran final de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’, o talent show musical que busca recoñecer as voces con máis personalidade e talento do panorama galego e que gañou, nunha reñida final, o concursante Ángel Mosquera. A emisión superou a seguinte canle en 6 puntos, (A3, cunha cota do 9,4 %).
 
A proposta de entretemento da Galega no prime time convenceu a audiencia: ‘A Liga: Gran Final’ liderou na súa franxa, de máis de dúas horas e media, cunha cota do 15,4 %; e o concurso ‘Eu sei + ca ti’, emitido xusto antes, foi líder cun 14 %. 
 
No conxunto da xornada, a cota media da TVG situouse nun 10,4 % e, no caso da franxa informativa do mediodía, coas emisións de ‘Galicia noticias’ e ‘Telexornal mediodía’ (de 13:30 a 15:30 horas), a cota acadou o 13,5 %.
 
En total, 521.000 galegos, o 20 % da poboación maior de 4 anos, seguiron algunha das emisións da xornada deste martes 5 de agosto na TVG, o medio de referencia de información e entretemento coa cidadanía galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade