div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Sorprendentes espectáculos de música, baile e ximnasia rítmica, esta noite, en 'Talentos Extraordinarios'

O programa (21:55 h) conta hoxe con presenza internacional, a dun grupo de acróbatas de batuka portugueses capaces de facer cousas nunca vistas ao ritmo dos seus bombos e tambores

csag.gal 02/08/2026 02:00

Santiago, 02.08.2026.-    Coa gran final do programa cada vez máis cerca, ‘Talentos Extraordinarios’ continúa na busca das persoas máis sorprendentes, singulares e fascinantes do noso país, desta volta con presenza internacional.

De Almada, en Portugal, chega Portbatuka, un espectacular grupo de músicos, percusionistas, bailaríns e acróbatas de batuka, capaces de facer cousas nunca vistas ao ritmo dos seus tambores e bombos. Ademais, teñen unha razón de ser social e solidaria, o que os fai aínda máis interesantes. 

Da Estrada, aínda que nado nas Canarias, é Samuel, un cantante especializado en ritmos latinos. Desde Vigo chegan Nere e Miguel, dous bailaríns que van trasladar os espectadores a outra época cos seus bailes de swing e lindy hop. Pola súa parte, o Coro de Rianxo e a súa divertida e talentosa directora van facer algo que poucas veces se viu. 

Procedente de Santiago, vén esta noite ao programa un beatbox capaz de poñer a todo estudio a bailar cos ruídos e a música que fai coa súa boca. De Pontedeume chega o grupo de ximnasia rítmica Acordes, con ximnastas que teñen varias medallas en moitos campionatos. 

Outra das participantes no ‘Talentos Extraordinarios’ deste domingo é Belén, unha cantante veterana de Sarria que vai deixar a todo o público impresionado coa interpretación en pouco máis de tres minutos de varios musicais. O baile máis sofisticado e sensual chegará desde Bertamiráns con tres bailarinas expertas con experiencia nas grandes orquestras galegas. Made on Heels chámase o grupo que vai fai facer unha espectacular coreografía sobre tacóns. 

Cal destes participantes ser converterá en extraordinario e pasará á final desta rolda clasificatoria? Daralle o xurado a algún dos participantes o pase directo a final do programa? A resposta, este domingo pola noite, na Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade