div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os medios públicos emiten en directo o acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á princesa de Asturias

Poderá seguirse en directo o luns a través da TVG, Radio Galega, o portal informativo G24.gal, e tamén se emitirá na G2 con interpretación en lingua de signos
 

crtvg.gal 11/07/2025 11:50

Santiago, 11.7.2025.-  Os medios públicos galegos ofrecerán este luns unha cobertura especial en directo do acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á S.A.R. a princesa de Asturias, que terá lugar no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A retransmisión (10:20 horas) contará coa narración do xornalista Alberto Varela, xefe de Informativos da Radio Galega, e do catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés.

O acto poderá seguirse en directo a través da TVG, Radio Galega e o portal informativo G24.gal. Ademais, emitirase simultaneamente na G2 con interpretación en lingua de signos, garantindo así a accesibilidade para toda a cidadanía.

Este recoñecemento institucional á princesa Leonor forma parte da súa axenda oficial en Galicia, na que tamén está prevista a entrega do título de Filla Adoptiva de Marín, nun acto que se celebrará esa mesma xornada no Concello desta localidade pontevedresa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade