div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O programa 'Sala G' homenaxea este sábado os cantantes de orquestra

Doce concursantes, divididos en dous equipos, deberán superar distintos retos e competirán para converterse nos reis do escenario

csag.gal 02/08/2025 02:00

Santiago, 02.08.2025.-    O programa ‘Sala G’ (22:05 h) lembrará hoxe os mellores tempos das salas de festas cunha entrega dedicada aos cantantes de orquestra. O programa, presentado por Arturo Fernández, é un concurso musical con moito humor onde unha ducia de concursantes, divididos en dous equipos, Os carballeiros do amor e Os intensiños da vida, terán que competir para converterse nos reis do escenario. 

Entre os cantantes que participan están Pili Pampin, Noly, Laura Añón e César Romero. Todos eles deberán superar distintos retos, desde poñer a bailar toda a sala de festas a demostrar cantando o seu dominio co micrófono, mentres que o público da sala actuará de xurado e dará un veredicto final. 

Ademais de Arturo Fernández como anfitrión, a ‘Sala G’ conta cun camareiro con moito humor, Fran Nogueira, e o picadiscos DJ Rokiño. A orquestra do programa é unha das mellores de Galicia: Los Satélites

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade