div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O presentador da Radio Galega Kiko Novoa e os influencers Dante Caro e María Valero, convidados no 'Malas pécoras' deste sábado

Confesións, apps de citas, costumes sexuais arredor do mundo, investigacións imposibles e moitas risas nesta nova entrega do programa

csag.gal 27/06/2026 00:01

Santiago, 27.6.2026.-    ‘Malas pécoras’ (22:00 h) recibe este sábado os influencers Dante Caro e María Valero e o presentador Kiko Novoa para unha nova noite de confidencias, humor e conversacións sen filtros arredor do amor, o sexo e as relacións. María Mera e Eva Iglesias volverán poñer sobre a mesa experiencias persoais e anécdotas sorprendentes nun programa que mestura entretemento e divulgación. 
 
Dante Caro e María Valero acumulan millóns de visualizacións recreando situacións de parella coas que moita xente se sente identificada. Pero, canto hai de realidade neses vídeos? Son realmente parella ou todo forma parte da interpretación? Os dous influencers resolverán unha das preguntas que máis veces reciben nas redes e explicarán o segredo detrás do fenómeno que os converteu nun dos dúos máis recoñecibles de Internet. 
 
Pola súa parte, Kiko Novoa achegará a súa experiencia á fronte dos micrófonos e confirmará que a radio segue sendo un dos lugares onde máis confidencias se fan. Ata que punto chega a sinceridade da audiencia? O presentador compartirá algunhas das historias máis curiosas e divertidas que recibiu ao longo da súa carreira. 
 
Nesta entrega de ‘Malas pécoras’ tamén haberá espazo para falar das novas formas de mocear e das aplicacións de citas, cunha pregunta no aire: pode unha aplicación acabar cambiando unha historia de amor? Os convidados compartirán experiencias persoais e descubrirán algunhas curiosidades pouco coñecidas sobre estas plataformas. 

Como xa é habitual, o ‘Test das pécoras’ volverá poñer a proba os convidados. Primeiras veces, rupturas, decepcións amorosas e confesións inesperadas sairán á luz nun dos momentos máis divertidos da noite. 
 
Nesta entrega tamén regresa Roi Méndez como ‘detective sexual’ cun caso que promete revolucionar o programa. A aparición dun preservativo perdido nun estudio desatará unha investigación tan absurda como intrigante. 
 
Ademais, a antropóloga Cristina Valdés visitará o programa para explorar como se viven o sexo, o amor e as relacións en diferentes partes do mundo. Existen lugares onde se organizan festivais para favorecer a fertilidade? Hai culturas en que as relacións teñen data de caducidade? Ata onde estariamos dispostos a cuestionar as nosas propias ideas sobre a parella e a sexualidade? 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade