O 'Land Rober Tunai Show' promete un xoves de risas na compaña de Ángel Martín, Adrián Castiñeiras e Vega - CSAG
O 'Land Rober Tunai Show' promete un xoves de risas na compaña de Ángel Martín, Adrián Castiñeiras e Vega
O cómico e presentador, o protagonista de ‘O home perfecto’ e a artista musical únense ao programa máis tolo da TVG

Santiago, 23.10.2025.- O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves a visita do gran Ángel Martín. O humorista e presentador chega disposto a compartir confidencias, a sorprender e, por suposto, a poñerse a proba ás ocorrencias do público nunha noite que promete gargalladas sen descanso.
O actor galego Adrián Castiñeiras tamén se une ao espectáculo para falar da súa nova serie na Televisión de Galicia, ‘O home perfecto’. Ademais, será cómplice do programa na divertida misión de atopar o xenro ideal!
E para completar o menú desta edición, a artista cordobesa Vega sumarase á banda do ‘Tunai Show’ para poñerlle ritmo a esta noite única na Galega.
A cita é ás 21:45 horas, na Televisión de Galicia, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez á fronte dunha nova entrega chea de humor, música e moita improvisación.