div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O concurso 'Gaña a túa aldea' entrega este domingo un espectacular bote de 27.500 euros

O programa presentado por Duarte Galbán manerá a emoción ata o último intre, cun final tan vibrante como memorable

csag.gal 20/12/2025 13:00

Santiago, 20.12.2025.-    Este domingo, a TVG ofrece unha entrega moi especial do concurso ‘Gaña a túa aldea’, marcada pola resolución do seu ansiado bote acumulado de 27.500 euros, unha cifra que, na véspera do sorteo, se achega a un terceiro premio da Lotería de Nadal e que converte o programa nunha cita imprescindible para os amantes do concurso e da emoción en directo.

O formato presentado por Duarte Galbán chega a esta emisión con Xián, o seu vixente campión, que suma seis programas consecutivos, demostrando unha extraordinaria regularidade, un fondo coñecemento do país e unha notable capacidade para manter a concentración nos momentos decisivos. Este percorrido eleva as expectativas e incrementa a tensión nun programa clave da temporada.

A fase final manterá a emoción ata o último intre, cunha pregunta decisiva vinculada a un ámbito especialmente significativo para o concursante que chega ao desenlace, e que acaba por marcar un final tan vibrante como memorable.

O programa ofrecerá tamén momentos especialmente emotivos desde a primeira rolda, cunha participación moi singular: unha nai e unha filla, cuxa complicidade, rapidez e bo facer foron tan destacables que o equipo de ‘Gaña a túa aldea’ decidiu convidalas a competir xuntas na segunda fase, elevando a dificultade e a intensidade da competición.

Con cotas de audiencia arredor do 14%, ‘Gaña a túa aldea’, que se emite os sábados e os domingos ao mediodía, continúa consolidándose como unha das grandes apostas da grella da TVG e unha das citas máis seguidas e esperadas da semana. Trátase dun formato en que os concursantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas e que conecta cun público fiel grazas á súa combinación de entretenemento, emoción, coñecemento e identidade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade