div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O cantante italiano Al Bano, o portugués Kassio e a andaluza Carmen Lemos, convidados no 'Luar' deste venres

Os ritmos verbeneiros chegarán da man do Grupo M-3 e a música tradicional será cousa das pandeireteiras da formación Ata o Mandil, Dolores

csag.gal 05/12/2025 02:00

Santiago, 05.12.2025.-    Este venres subirá ao escenario de ‘Luar’ (21:40 hAl Bano, un dos cantantes italianos con máis sona en España. Grazas ao dúo coa súa exmuller Romina fíxose moi popular nos anos 70 e 80 do século pasado. Os seus temas ‘Felicitá’ e ‘Ci serà’ fixeron as delicias dos máis románticos nas pistas de baile. Tras máis de catro décadas de carreira musical, continúa dedicado á música en solitario e achégase á TVG para deleitar, unha vez máis, a espectadores e público cos seus grandes éxitos.

Al Bano non só actuará en solitario, senón que tamén o fará con Nuria Lorenzo, a mezzosoprano e catedrática do Conservatorio da Coruña que forma parte do xurado de ‘Recantos’. Neste dúo, o artista italiano explorará novos rexistros e atreverase coa ópera para cantar ‘Va pensiero’.

Tamén está convidado ao programa desta semana o cantante portugués de música popular Kássio, que atesoura unha carreira de máis de 20 anos. Dono dunha voz inconfundible, é, segundo a crítica e o público, un dos mellores solistas masculinos da actualidade no país veciño.

Ademais, ‘Luar’ recibirá a visita da cantante andaluza Carmen Lemos, que regresa con ‘La despedida’, un lanzamento que combina unha mensaxe de renacemento persoal, un discurso sobre a liberdade emocional e unha reivindicación dos vínculos culturais entre España e Latinoamérica.

Os ritmos verbeneiros chegarán da man do Grupo M-3 e a música tradicional será cousa das pandeireteiras da formación Ata o Mandil, Dolores.

No tempo do concurso ‘Recantos’, hoxe será a quenda de Andrea Velasco, procedente de Ourense Norte, que cantará ‘A flor da canela’ e de Abel, representante da comarca Terras de Ordes, que interpretará ‘Bótame a min a culpa’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade