div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O 'Código 092': en primeira liña' da TVG acompaña a Policía Local de Lugo e Vilagarcía nos seus servizos diarios

Nova entrega da docuserie que lles amosa aos espectadores o lado máis real do servizo público, coas intervencións dos axentes en distintas localidades galegas (21:55 h)

csag.gal 09/11/2025 00:01

Santiago, 9.11.2025.-    Televisión de Galicia trae este domingo á noite unha nova entrega de ‘Código 092: en primeira liña’, docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén: controis de tráfico, intervencións por violencia de xénero, liortas nocturnas ou alertas por sospeitosos armados. Neste capítulo, ‘Código 092: en primeira liña’ segue as andainas dos axentes de Lugo e Vilagarcía.

A Policía Local de Vilagarcía intervén ao recibir unha chamada informando de que alguén escalou un depósito de 15 metros de altura. A situación é grave pois a vida dunha persoa corre perigo. Tamén acoden a unha aldea onde un can potencialmente perigoso anda solto provocando o medo dos veciños. 

Pola súa banda, os axentes de Lugo reducen un individuo que alteraba a convivencia veciñal do casco antigo de Lugo con berros e esnaquizando o mobiliario urbano. Outra das súas actuacións será unha redada a un dos locais de ocio nocturno máis coñecidos e conflitivos da cidade. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade