div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Noite de humor e confidencias en 'Malas Pécoras', onde Mario Vaquerizo e Aitana del Mar falarán de como cambiou a forma de vivir a sexualidade

O programa (22:30 h) abordará os retos da educación afectivo-sexual na infancia e na adolescencia da man da sexóloga e educadora social Sabela Maceira

csag.gal 18/07/2026 02:00

Santiago, 18.07.2026.-     O programa ‘Malas Pécoras’ recibe este sábado o cantante e colaborador Mario Vaquerizo e a xornalista e presentadora Aitana del Mar. Xunto a María Mera e Eva Iglesias, protagonizarán unha noite de humor e confidencias para falar, sen tabús, de sexualidade, parella e de como cambiou a maneira de entender o sexo. 

Como cambiou a forma de falar de sexo nos últimos anos? Seguen sendo os sexshops un tema tabú ou xa forman parte da normalidade? E que nos din os xoguetes eróticos sobre a maneira en que vivimos o pracer? Cunha mesa chea de artigos sorprendentes, ambos os dous compartirán con total naturalidade a súa visión sobre un universo que cada vez esperta menos complexos e máis curiosidade. 

Ao longo da noite tamén haberá espazo para falar do desexo dentro da parella. É real iso de manter relacións sexuais todos os días? Pode o sexo solucionar unha discusión ou é mellor resolver antes os conflitos? Cal é o segredo para que unha relación siga funcionando despois de tantos anos? Mario Vaquerizo, que leva máis de dúas décadas xunto a Alaska, compartirá algunhas das claves da súa historia de amor, mentres que Aitana del Mar falará de como vive unha relación plenamente consolidada e das aprendizaxes que lle deixaron as súas experiencias sentimentais. 

Ademais, nesta edición de ‘Malas Pécoras’, Roi Méndez sorprenderá os participantes cun novo reto, o ‘Sexcionary’, un divertido xogo en que debuxar conceptos relacionados coa sexualidade será moito máis complicado do que parece. Pero a grande incógnita da noite seguirá nas mans do ‘Detective sexual’. Un coñecido rostro da TVG realizou un encargo moi especial nun sexshop: desde un vibrador con control a distancia ata un bambán sexual. Quen está detrás desta compra tan variada? Que pistas conseguirá reunir Roi durante a súa investigación?  

A actualidade tamén terá o seu espazo cun repaso ás novas tendencias que están cambiando as relacións. Está a monogamia pasada de moda? Que significan conceptos como beige flag, benching ou roommate syndrome? Que diferenzas existen entre xeracións á hora de entender o sexo e as relacións afectivas? Para responder a estas cuestións, visitará o programa a sexóloga e educadora social Sabela Maceira, que achegará unha visión rigorosa sobre a educación afectivo-sexual entre a mocidade. Explicará cando se debe comezar a falar de sexo cos máis pequenos, como afrontar unha conversa que segue a xerar tantos medos, como educar en consentimento, límites e emocións, e cales son as consecuencias de que moitos rapaces accedan á pornografía antes de recibir unha educación sexual adecuada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade