div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Na batalla desta noite na 'Sala G' enfrontanse os Ex, os que un día foron os reis do escenario, contra Todxs, o equipo do presente

Capitaneados por Fátima Pego e Andrade respectivamente, ofrecerán unha velada de duelo e festa (22:05 h), con momentos para o corazón e para a risa

crtvg.gal 12/07/2025 00:01

Santiago, 12.7.2025.-    Este sábado pola noite, no prime time da TVG, enfrontaranse un equipo de lenda, os Ex, os que fixeron grandes as mellores orquestras galegas, contra Todxs, unha escuadra fresca, divertida e sen medo a nada.

Os que un día foron os reis do escenario chegan hoxe á ‘Sala G’ para demostrar que nunca deixaron de selo. Fátima Pego capitaneará un equipo que mete medo só con escoitar os nomes: Miguel Torres, de 85 anos, con toda unha vida na orquestra Compostela; Paula Suárez, alma da Trébol; María García, lenda da Marbella e da Filadelfia; Néstor Peña, furacán da Olympus e o cantante Raúl, icona dos primeiros anos 2000. Xuntos son os Ex, pero non veñen lembrar vellos tempos, senón poñer a sala patas arriba. 

En fronte, Andrade mobilizará o exército do presente, en cuxas filas militarán G Face, Awa Fami, César Romero, Laura Añón, Xurxo Fernandes, Pan Sen Fron e Capitán Sabrosura. Se hai que cantar, cantan. Se hai que bailar, bailan. Se hai que provocar, provocan.

Así pois, nesta gala, presentada por Arturo Fernández, haberá duelo e festa, combate e homenaxe. Tamén momentos para o corazón, con lembranzas a Rocío Dúrcal, Los Panchos e Lola Flores, e para a risa, coa ollada afiada de Carla Núñez, as sesións imposibles de DJ Rokiño e as sancións imprevisibles de Fran Nogueira como árbitro do público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade