div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Mellor longametraxe, por 'As Neves' e Mellor comunicador para o presentador Juan Fuentes, entre os Mestre Mateo para contidos e profesionais da TVG

O premio ao Mellor Documental foi para ‘Filmei paxaros voando’, e o de Mellor Programa para ‘Recollendo músicas’, dispoñible na plataforma dixital dos medios públicos

 

crtvg.gal 16/03/2025 02:00

Santiago, 16.03.2025.-           A película ‘As Neves’, participada pola TVG, gañou os premios Mestre Mateo a Mellor película, Mellor Son e Mellor actriz de reparto para Lucía Veiga, mentres que o presentador Juan Fuentes do espazo das tardes ‘Quen anda aí’ alzouse co premio ao Mellor comunicador na 23ª edición dos Premios Mestre Mateo, emitida en directo pola canle pública. A gala celebrouse este sábado no Lalín Arena presentada pola actriz Teté Delgado.

Entre os premios máis destacados, a CRTVG levou o de Mellor Documental para ‘Filmei paxaros voando’, e ‘Recollendo músicas’, dispoñible na plataforma dixital dos medios públicos, foi recoñecido como Mellor Programa.

Así mesmo,  a cinta ‘Tratamos demasiado bien a las mujeres gañou o Mestre Mateo ao Mellor Vestiario, e tamén o de Mellor Dirección de Arte; e Marcos Nine obtivo o de Mellor Realización por ‘Historias de aquí’.

             Xunto aos premios desta noite, cómpre destacar o espazo da TVG ‘Cos pés na terra’ e a serie infantil de Xabarin.gal ‘Bibopalula’, que recibiron a finais de febreiro dous dos galardóns especiais deste certame, no transcurso da xuntanza de finalistas, antesala á cerimonia de entrega dos premios.

            Este ano, por primeira vez, a gran noite do audiovisual galego celebrouse fóra das grandes cidades, trasladándose ao Lalín Arena, en Lalín, onde baixo o lema ‘O audiovisual en movemento’, recoñeceu o talento e a creatividade do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade