div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Docentes, estudantes e profesionais das canles públicas debaten sobre o perfil do xornalista da vindeira década

A reitora da USC, Rosa Crujeiras, e a directora xeral da CSAG, Concepción Pombo, deron a benvida aos asistentes á xornada organizada pola Corporación, a universidade compostelá e FORTA 

Tripla alianza institucional para afrontar o futuro do xornalismo nunha cita en que se reflexionou sobre o papel dos comunicadores ante a irrupción da IA e a presión das plataformas globais

csag.gal 11/06/2026 14:17

Santiago, 11.06.2026.-    O impacto da intelixencia artificial no xornalismo e no perfil do profesional dos medios centrou boa parte do debate na xornada ‘Como será o comunicador sénior en 2035?’ celebrada este xoves en Santiago. A CSAG, a USC e FORTA reuniron na Facultade de Comunicación de Santiago expertos en innovación, estudantes, xornalistas e docentes para falar de futuro, tecnoloxía e necesidades da profesión de cara á vindeira década, nunha cita en que a reitora da USC, Rosa Crujeiras, e a directora xeral da CSAG, Concepción Pombo, lles deron a benvida aos asistentes.

A permeabilidade cara á IA dos profesionais júnior e a súa vontade de progresar nun ecosistema cada vez máis competitivo resultará definitivo para o desenvolvemento da profesión, tal e como apuntaron especialistas en innovación e xornalismo das canles públicas EITB, A Punt, IB3 e CARTV de Aragón na primeira mesa.

A CSAG organiza esta xornada nun contexto marcado pola irrupción da intelixencia artificial nos procesos produtivos e informativos, a presión das plataformas globais sobre os medios de proximidade e a necesidade de reformular o papel do profesional con experiencia en organizacións que deben reinventarse sen perder a súa misión de servizo público. Os paneis abordaron tamén a formación dos profesionais, a converxencia de perfís e a hibridación técnico-xornalística dos próximos expertos. Tamén, a retención do talento, formulando o interrogante de se pode sobrevivir o actual modelo e se os medios públicos teñen capacidade real de competir polo mellor perfil no horizonte de 2035.

Esta colaboración entre a Corporación, a USC e FORTA establece un novo paso na vía de investigación permanente coa USC e alimentará un paper avalado pola universidade compostelá e FORTA que pretende achegar unha aproximación ao perfil profesional sénior dos medios públicos no 2035.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade