div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Bases Concurso 'Miss Vaca Galicia' 2026

1. DESCRICIÓN

A CSAG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela) e con C.I.F. A-15073349, é a entidade responsable do concurso para televisión “MISS VACA 2026” (en diante, o “Concurso”) que se emitirá no programa Luar, nas cadeas de televisión da SOCIEDADE MERCANTIL CORPORACIÓN DE SERVIZOS AUDIOVISUAIS DE GALICIA, S.A. (en diante, a “Cadea”) e nos seus canais interactivos.

2. NORMAS APLICABLES AO CONCURSO

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles no enderezo web www.crtvg.gal. O mero feito da participación por calquera dos medios incluídos nestas regras implica a súa aceptación incondiciodíanal.

A Cadea resérvase o dereito de expulsar en calquera momento do Concurso calquera concursante que non cumpra coas bases legais.

3. DINÁMICA DO CONCURSO

A Dirección do programa Luar fará a selección a través de fotografías remitidas polos propietarios dos animais. Desta selección sairán as catro vacas aspirantes ó titulo de Miss Vaca 2026.

Todas as vacas participantes serán de razas autóctonas galegas.

Será necesaria a presenza física no programa (espazo exterior adaptado) das catro vacas candidatas  ó título de Miss Vaca 2026.

4. PARTICIPANTES

1. Participarán no Concurso os propietarios das catro vacas seleccionadas. Poderán ser persoas físicas ou xurídicas.

2. No caso de persoas físicas, deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 16 emancipadas, que residan legalmente dentro do territorio da

Comunidade Autónoma de Galicia e que posúan DNI ou pasaporte vixente, en caso de ser españolas, ou NIE e permiso de residencia vixentes, en caso de ser estranxeiras, e que fosen seleccionadas pola CSAG para ese efecto e á súa única discrecionalidade e que actúen conforme o procedemento aquí descrito.

Non poderán participar no Concurso os traballadores de CSAG, os das empresas que presten os seus servizos á CSAG, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito).

Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao Concurso que teñan capacidade de decisión sobre este.

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do concursante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.

5. MECÁNICA DO CONCURSO

Ao comezo do programa Luar, LUAR MISS VACA GALICIA 2026, farase a presentación das catro aspirantes a Miss Vaca Galicia 2026.

A cada vaca asinaráselle un número de teléfono e daranse as instrucións para poder votar a través das redes sociais establecidas para tal efecto.

Os telespectadores durante o programa, poderán votar chamando ós números de teléfono indicados, así como a través das redes sociais anteriormente citadas.

A dirección do programa, en función dos datos de votacións servidos polas distintas empresas de telefonía e redes sociais contratadas para este evento Miss Vaca Galicia 2026, proclamará á gañadora do concurso, e esta decisión será inapelable.

O concursante que participe coa vaca que reciba maior número de apoios, sumando o número de chamadas telefónicas e os votos das redes sociais, será o gañador do premio e a vaca, proclamada Miss Vaca Galicia 2026.

PREMIO DO XURADO

Catro persoas do ámbito gandeiro e social compoñerán o xurado en plató e serán as encargadas de adxudicar o “Premio Especial do Xurado” que recoñecerá as características físicas e morfolóxicas daquela vaca que o xurado considere. Este premio non ten dotación económica.

6. CLAÚSULAS XERAIS

A participación das vacas realizarase garantindo en todo momento o cumprimento da normativa vixente en materia de sanidade e benestar animal, e así, segundo o artigo 64 DA LEI DE BENESTAR ANIMAL, no seu apartado 2a, “as exposicións e concursos deberán contar coa asistencia de, alomenos, unha persoa licenciada ou con grao en veterinaria, responsable de vixiar as condicións sanitarias e de benestar dos animais durante o evento, así como de prestar asistencia veterinaria de urxencia en todas as situacións que se puidesen presentar. Será obrigatorio facilitarlle ao equipo veterinario todos os medios necesarios para atender as situacións de urxencia consonte as circunstancias do evento e o disposto nas normativas locais ou autonómicas sobre a materia”.

A organización poderá excluír calquera animal cando existan indicios de enfermidade, lesión, estrés ou circunstancias que poidan comprometer o seu benestar.

Os propietarios serán responsables de que o transporte dos animais se realice por medios e operadores que cumpran a normativa sanitaria e de benestar animal vixente.

A participación estará condicionada á presentación da documentación sanitaria e de identificación animal que resulte esixible conforme á normativa vixente."

Durante a estancia no recinto habilitaranse condicións adecuadas de manexo, hidratación, descanso e seguridade para os animais participantes.

Os concursantes non recibirán contraprestación ningunha por esta participación, agás unha cantidade prefixada de 1000€ brutos en concepto de gastos de transporte das vacas coas que participan, todo iso sen prexuízo do premio que puidese estar establecido nestas bases e que obtería en caso de resultar gañador, segundo as normas establecidas para este efecto.

Regras de conduta

A CSAG resérvase o dereito de descualificar calquera concursante do programa no caso de que considere que a súa actuación é nalgunha forma inadecuada ou contraria a calquera código de emisión, ético, de regulación ou a algunha lei aplicable.

O concursante non poderá, en ningún caso, facer promoción de ningún servizo ou produto, nin tampouco poderá utilizar unha linguaxe desapropiada, nin groserías, ou realizar declaracións inxuriosas, calumniosas ou dicir calquera cousa que puidese ofender ou ferir unha persoa, empresa ou entidade. O concursante acepta que soamente el será responsable das consecuencias dos seus actos ou as súas palabras mentres participe no Concurso.

Cesión de dereitos

A participación no Concurso implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante, polo mero feito de participar no Concurso, outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a CSAG poida indistintamente empregar a súa imaxe, nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do Concurso en todo tipo de actividades relacionadas con este, xa

sexa por si mesma ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por iso.

A título enunciativo, pero non limitativo, a CSAG poderá emitir as gravacións en que aparezan os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web da CSAG, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.

Protección de datos de carácter persoal

A Corporación de Servizos audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG) informa de que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, a recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesaria para o desenvolvemento e cumprimento do concurso. Informámolo de que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade por correo postal á dirección propia da CSAG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.

Modificación de bases

A CSAG resérvase o dereito de retirar ou cambiar o Concurso por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes bases.

Aceptación das bases e lexislación aplicable

A participación no Concurso supón a aceptación expresa das presentes bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que delas efectúe a dirección do Concurso, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ó foro que lle puidese corresponder.

Atención de reclamacións

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co concurso por calquera destas vías:

  • Por escrito, mediante escrito enviado a CSAG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).
  • A través da web da cadea CSAG onde se promocione o Concurso: www.csag.gal.

7. PREMIOS

O premio consistirá nun obsequio de 3000€ en métalico para o propietario da vaca gañadora.

Ó propietario que gañe o premio, a CSAG esixiralle como requisito previo ó seu pago:

A acreditación da identidade do gañador, para cuxo fin este deberá achegar o seu DNI/NIE, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da cal sexa titular e onde desexe recibir o importe do premio.

Tamén deberá acreditar ser propietario da vaca gañadora.

Os premios entregaranse nun prazo máximo de sesenta días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado.

Se transcorridos cento oitenta días contados a partir do día seguinte á data do Concurso, o gañador non remitise a documentación esixida, perderá o seu dereito a percibir o premio.

Os premios aboaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da CSAG.

Conforme a normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ó gañador un certificado de retención e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada, para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

Santiago de Compostela  a  19 de xuño de 2026

div-crtvg-top2

Publicidade