div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As citas intensas de 'O amor está en Galicia' buscan en Lalín relacións estables, entre therians e cocido

Historias que amosan as diferentes formas de entender o amor na dobre entrega desta noite, marcada polas segundas oportunidades, os contrastes e tamén a complicidade

csag.gal 29/04/2026 00:01

Santiago, 29.04.2026.-  ‘O amor está en Galicia’ (22:40 h), o dating show da TVG presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, continúa a súa ruta por Galicia cunha parada en Lalín, onde se desenvolverán dúas novas entregas marcadas pola intensidade das citas, a diversidade de perfís e o contraste de formas de entender o amor .

No primeiro programa, Yenisleydis (40 anos, Cee-Cuba estética) e Julián (37, Lugo-Venezuela, electricista) protagonizan unha cita centrada nas segundas oportunidades e na procura dunha relación estable. Pola súa parte, Lucía (18, estudante de Relacións Públicas) e Diego (23, peón público, Cee) representan a xeración máis nova, cun encontro directo, espontáneo e sen filtros.

Na segunda entrega, Antonio (xardineiro, Lugo) e Marta (operaria, Moaña) protagonizan unha das citas máis singulares da tempada, marcada polo debate arredor do fenómeno therian e o contraste de puntos de vista. Completa o programa a cita entre Maribel (38, árbitra, A Coruña) e Marcos (34, taxista, A Coruña), que amosan dúas formas de entender a parella baseadas no carácter, os límites e a busca dunha relación seria.

As dúas entregas combinan testemuños persoais e momentos de tensión e complicidade, nun contexto recoñecible como Lalín, referente gastronómico e social de Galicia. Un escenario en que, como nun cocido, a mestura de perfís e experiencias pode dar lugar a resultados imprevisibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade