div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Andrés Suárez, Adrián Martín e Sofía Cristo actúan nun 'Luar' que celebra a 'repesca' de 'Recantos'

Catro concursantes anteriormente expulsados regresan esta semana para probar sorte de novo, e os dous que saquen maior puntuación volverán formar parte do concurso

csag.gal 24/04/2026 02:00

Santiago, 24.04.2026.-    Este venres visita o programa ‘Luar’ (21:40 horas) o ferrolán Andrés Suárez, un cantautor de éxito que leva anos percorrendo España, coa guitarra na man, lanzando a súa música desde todos os escenarios posibles. Neste tempo conseguiu congregar un bo número de seguidores que se engancharon ás súas cancións, á súa forza interpretativa e á súa impecable actitude en escena. 

Ademais, o mozo malagueño Adrián Martín, que cativou a audiencia co seu talento e coa súa historia de superación persoal, regresa esta noite a ‘Luar’. Con só 9 anos, fíxose viral cantando coa súa irmá a canción ‘Qué bonito’. Desde entón foi medrando como cantante e cumprindo o seu soño de dedicarse á música.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar tamén contará coa presenza da picadiscos Sofía Cristo, que actuará en solitario e tamén fará un feat con Roi Porto.

Tamén estará no escenario de ‘Luar’ a banda de rock da Coruña Tacrolimus, que está a presentar o seu novo disco, ‘Se acabaron las versiones’. Este álbum marca un punto de inflexión creativo, xa que o grupo abandona o repertorio alleo para apostar por un cancioneiro propio, directo e sen artificios, recollendo o esencial da súa traxectoria: guitarras firmes e bases rítmicas contundentes. A orquestra Charleston e os Retranqueiros de Ames completan o cartel musical desta noite.    

Á marxe das actuacións musicais, un dos momentos cumio do programa será a celebración da ‘repesca’ de ‘Recantos’. Catro concursantes anteriormente expulsados -Montse, Parawy, Mariana e Cris- regresan esta semana para probar sorte de novo. Rematadas as súas actuacións, os dous que saquen maior puntuación volverán formar parte do concurso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade