div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG lidera e acada o seu mellor dato histórico no Estudo Xeral de Medios desde 2008

Alcanza o 24,5% de luns a venres, o seu mellor dato de audiencia dos últimos 17 anos

A Galega lidera en todas as franxas do día; na do mediodía, a do bloque informativo ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Mediodía’, a cota dispárase ata o 36,3%

A TVG lidera entre todas as canles públicas e privadas en Galicia e repite liderado unha vez máis entre as canles autonómicas reunidas en FORTA

crtvg.gal 22/04/2025 12:46

Santiago, 22.04.2025.-  A Televisión de Galicia segue a medrar e segue a ser a canle líder en Galicia, e en todas as franxas de emisión, segundo o Estudo Xeral de Medios (EXM) coñecido este martes, un estudo en que están reflectidos os resultados de todos os grandes grupos de comunicación de España, tanto públicos como privados.

Esta primeira onda do ano do EXM sinala que a TVG lidera cunha cota do 23,2% no conxunto da semana e un 24,5% de luns a venres. Esta de luns a venres é a maior cota de audiencia desde o ano 2008 en Galicia. A audiencia da canle non para de medrar e  creceu respecto á onda inmediatamente anterior case un 30% (28,9%). Con respecto ao mesmo período de hai un ano, a TVG incrementa a súa cota en 2,6 puntos de share (unha suba porcentual do 12,6%).

A TVG sitúase en Galicia moi por riba do resto de competidores públicos e privados, con máis de 8 puntos de vantaxe sobre a seguinte canle, e, entre os entes autonómicos da rede de FORTA, unha vez máis a TVG é a líder de audiencia, superando a segunda canle autonómica en 5,3 puntos.

Líder en todas as franxas

TVG lidera en todas as franxas de emisión do día. Pola mañá de 08:00 a 13:30 h, cun 27,2% (con picos de audiencia do 47%) supera o competidor máis próximo, La1, en 14,9 puntos de share. Na franxa de sobremesa (13:30 a 17:00 h), a que contén o bloque informativo formado polo espazo de proximidade ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’, media unha cota do 36,3% (e con picos do 45%), superando a La1 en 21,6 puntos de share.

Xa pola tarde (17:00 a 20:00 h), TVG acada unha cota do 21,8%, con 6,3 puntos máis que o segundo operador. E na franxa de noite (20:00 a 04:00 h), a Galega ten unha cota do 17,7%, 2,6 puntos por riba da seguinte canle.

Nesta primeira onda do ano, salientan ademais as cotas de pantalla acadadas os martes (32,1%), luns (27,1%) e mércores (25,5%).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade