div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG leva o 'Telexornal Mediodía' a Vigo o sábado, cun especial en directo polo Día da Reconquista

Presentado por David Valverde, o informativo ofrecerá contidos vinculados a esta celebración e tamén á realidade económica, social e histórica da cidade olívica

csag.gal 27/03/2026 12:37

Santiago, 27.03.2026.-    Os servizos informativos da Televisión de Galicia realizarán este sábado 28 de marzo unha edición especial do ‘Telexornal Mediodía’ en directo desde Vigo, coincidindo coa celebración do Día da Reconquista.

O informativo, presentado por David Valverde, emitirase integramente desde a cidade olívica e contará cunha despregadura especial de contidos vinculados tanto á actualidade da xornada como á propia celebración.

Ao longo do ‘Telexornal’, ofreceranse informacións e reportaxes centradas en Vigo e na súa realidade económica, social e histórica. Un dos eixes principais será o porto de Vigo, considerado un dos máis importantes de Europa e un verdadeiro motor económico da cidade, con especial relevancia nos sectores da pesca, a automoción, a loxística e a industria naval, ademais de destacar polo seu compromiso coa sostibilidade. 

A cobertura incluirá tamén diferentes contidos relacionados coa Festa da Reconquista, entre eles, conexións en directo desde o corazón da celebración, información sobre o ambiente e a recreación histórica, así como reportaxes específicas sobre a súa repercusión económica na cidade, tanto no sector hostaleiro coma no comercio e nos servizos. 

Ademais, o informativo afondará na dimensión histórica da efeméride, lembrando o papel de Vigo como unha das primeiras cidades europeas en expulsar o exército napoleónico en 1809, e recuperando espazos e elementos patrimoniais vinculados a aquel episodio. 

Esta edición especial reforza a aposta da Televisión de Galicia por achegar os informativos ao territorio e situar o foco nos grandes eventos e na realidade das cidades galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade