div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Radio Galega retransmite este xoves o Celta-Paok da Europa League

A partir das 20:00 h ofrecerase unha edición especial de ‘Galicia en Goles’ desde Balaídos

csag.gal 01/10/2025 13:26

Santiago, 01.10.2025.-    O mes de outubro chega ateigado de deporte á sintonía da Radio Galega e á plataforma AGalegaAudio.gal. Este xoves, a partir das 20:00 h, Roberto Carlos Carballo conduce unha edición especial de ‘Galicia en Goles’ que vai estar centrada na segunda xornada da Europa League. O Celta de Vigo debuta en Balaídos ante o Paok de Salónica. O equipo grego só puido empatar na casa ante o Maccabi de Tel Aviv na primeira xornada, mentres o cadro galego perdía en Stuttgart por 2-1.

A situación do Celta esta temporada comeza a ser preocupante. Suma tres derrotas e cinco empates nos oito encontros disputados, sumando as competicións de Liga e Europa. Borja Iglesias semella ser o único atacante que atopa o camiño do gol e na visita ao Elxe o pasado domingo o máis destacado foi o gardameta Radu.  

Os oíntes da Radio Galega terán a previa máis completa desde unha hora antes de que rode o balón, coa narración de Víctor López, os comentarios dos adestradores Moncho Carnero e Xosé Ramón Valtierra, xunto a Gonzalo Alonso nos exteriores pulsando a opinión dos seareiros co micrófono sen fíos. Tras o xogo, o ‘Galicia en Goles’ ofrecerá a rolda de prensa do adestrador Claudio Giráldez e recollerá as impresións dos xogadores máis destacados.

Na fin de semana, o equipo deportivo da Radio Galega ten preparados amplas despregaduras noutras citas importantes. Así, o venres, desde as 20:30 h, o micrófono azul estará presente no Coliseum coa cobertura da Primeira FEB no Básquet Coruña-Oviedo. O sábado toda a atención estará posta en Riazor, co Deportivo-Almería da Segunda División de fútbol e o derbi da Primeira RFEF entre o Rácing de Ferrol e o Ourense C. F. Pola noite chegará a estrea do Breogán na Liga ACB visitando o Lleida. Xa o domingo, o Celta-Atlético de Madrid converterase na cita estrela do calendario da Primeira División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade