A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios, segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios - CRTVG
A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios, segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios
O conxunto de emisoras públicas alcanza os 154.000 oíntes no total da semana, o que supón un incremento do 19,38% con respecto á onda anterior
---
Notoria suba tamén para Radio Galega Música, que chega aos 31.000 oíntes de luns a venres

Santiago, 02.07.2025.- A Radio Galega reforza o seu papel como emisora de referencia en Galicia tras os resultados da segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM), publicada este mércores. A emisora pública acada 125.000 oíntes no conxunto da semana, cun incremento do 13’64% respecto aos datos da primeira onda publicada en abril de 2025, e segue a ser, unha onda máis, a emisora pública líder en Galicia. Así, segundo o Estudo Xeral de Medios, a Radio Galega conta con máis do dobre de oíntes que RNE, a outra emisora pública que emite na comunidade.
Esta última onda do EXM reflicte tamén unha notoria suba de Radio Galega Música, que chega aos 31.000 oíntes de luns a venres (+63,1%) e aos 29.000 (+52,6%) no conxunto da semana.
Así, o conxunto das emisoras da Corporación, Radio Galega e Radio Galega Música, suman 154.000 oíntes, o que supón un incremento do 19,3% con respecto á onda anterior.