div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A cantante Rocío Varela asiste a ‘A liga dos cantantes extraordinarios’, como extraordinaria de ouro e coa misión de executar unha nova ‘particella’  

Esta convidada especial, xunto cos padriños e César Romero, agasallará á audiencia cun popurrí infantil do 'Xabarín Club', en homenaxe ao 40 aniversario da TVG 

csag.gal 15/07/2025 00:01

Santiago, 15.7.2025.-  Nesta décima entrega de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22:20 h) recibirase a visita da extraordinaria de ouro Rocío Varela, concursante da terceira edición do programa e voz da Orquestra New York, que ten o labor de executar a ‘particella’ do dúo que Diego Barbazán, padriño da Olympus, lle asignou á súa afillada no programa anterior. 

Ademais a nosa convidada especial, xunto cos padriños e César Romero, agasallará a audiencia cunha actuación dedicada ás series infantís máis exitosas que pasaron polo 'Xabarín Club', seguindo así coa homenaxe dedicada ao 40 aniversario da TVG. Para rematar, a nosa xuíza e cantautora Carolina Rubirosa interpretará un tema propio. 

Os concursantes están apadriñados por artistas que representan as catro mellores orquestras de Galicia. Deste xeito, Yordanys Miguel e Lucía Samoelle contarán co apoio de Blas como padriño pola escudaría París de Noia; Jesús Mogo e Nerea Blanco contan con Nati Méndez, da Panorama; Aroa Miralles e Ángel Mosquera están apoiados por Diego Barbazán, da Olympus, e Kelly Tajes e Iván Pérez teñen a carón deles como padriño a Noly, de Los Satélites. E como en cada entrega, a presentadora María Mera, César Romero e o xurado, integrado polo produtor musical Iago Pico e os artistas Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa, achegarán as súas impresións sobre as actuacións dos concursantes. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade