div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A cantante andaluza María del Monte e os artistas galegos Sheila Patricia e Hugo Torreiro, gañador da Canción de Nadal da TVG, están convidados ao 'Luar' deste venres

Tamén subirán ao escenario o coro coruñés El Acorde Secreto, a Agrupación de Danzas Virgen de las Nieves, procedente de Cantabria, e a orquestra Marbella

csag.gal 19/12/2025 02:00

Santiago, 19.12.2025.-    O programa ‘Luar’ recibirá esta noite (21:45 h) a visita de María del Monte, unha das grandes embaixadoras da música andaluza e unha das maiores referentes das sevillanas e a copla. A cantante dará boa mostra da súa música e do seu último traballo discográfico. 

O espazo da TVG tamén contará coa presenza de Sheila Patricia, unha das voces máis sorprendentes e prometedoras da música galega, cuxo enfoque único combina as fondas raíces do canto tradicional galego cunha ampla gama de influencias da música electrónica. A artista presentará o seu novo disco, titulado ‘Epifanía’, que explora novas liñas expresivas e afonda na identidade artística da autora, consolidando un estilo que transita entre a tradición, a experimentación e a sensorialidade. 

Outro dos convidados deste venres será o cantante e compositor coruñés Hugo Torreiro, un vello coñecido dos espectadores da Televisión de Galicia, xa que se deu a coñecer tras ser finalista no concurso ‘Recantos’. Agora é actualidade porque acaba de proclamarse gañador do concurso da Canción de Nadal da TVG co tema ‘Fogar’, que hoxe estreará no programa.

Tamén estarán no escenario de ‘Luar’ os membros de El Arde Secreto, un coro da Coruña que naceu hai máis dunha década e que durante este tempo foi medrando ata cativar o público coa súa mestura de xéneros musicais e harmonías innovadoras; a Agrupación de Danzas Virgen de las Nieves, procedente de Cantabria, e a orquestra Marbella.

Polo demais, o programa deste venres estará dedicado aos insultos enxebres e orixinais que ten a lingua galega. Xa que logo, os presentadores pedirán que o público chame para insultar. Ademais, Gayoso fará a manicura en directo porque a semana pasada Roberto Vilar lanzoulle o reto de levar as unllas verdes. 

Contra o final da noite, chegará, coma sempre, unha nova entrega do concurso ‘Recantos’, en que hoxe participarán Nusky, representante da comarca O Miño Oriental, e  Cris, procedente do sur de Lugo.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade