div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Somos Animais' desprázase esta semana a Vigo para axudar unha galga de caza que tivo unha vida complicada

O programa tamén estará cunha criadora concienciada coa preservación do gran boyero suízo, unha raza a piques de desaparecer

csag.gal 28/05/2026 02:00

Santiago, 28.05.2026.-    En Vigo hai sete veces máis cadelos que cativos. Por iso nesta ría hai mil e unha historias de cans. Pero ningunha coma a que coñecerán hoxe os espectadores de ‘Somos Animais’. Nesta entrega do programa, Hugo Cabaleiro fará equipo con Xiana, unha veterinaria especializada en comportamento animal, para axudarlle a Menta. Esta galga de caza tivo unha vida complicada, xa que foi maltratada e abandonada. Felipe, o seu novo dono, ao que lle cambiou a vida, quere darlle un futuro mellor. Pero Menta ten moitos problemas, entre eles, a alimentación, e a súa dificultade para interactuar con cans pola cidade.

Pola súa parte, Jorge coñecerá esta semana unha criadora concienciada coa preservación dunha raza a piques de desaparecer: o gran boyero suízo, uns animais doces, protectores e intelixentes. Cada un dos cadelos que nace no centro de Mar ten un destino distinto, como apoio, asistencia, compaña, etc. Jorge axudaraa cunha camada de oito cadeliños que están a piques de ser entregados ás súas futuras familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade