div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Coworkinaos', a primeira coprodución de ficción entre TVG e RTPA, preséntase no Conecta FICTION & ENTERTAINMENT

Esta comedia ten como protagonistas personaxes pertencentes a xeracións e universos vitais moi distintos, que intentan reinventar as súas vidas compartindo espazo de traballo nun 'coworking' situado entre Galicia e Asturias

Ambas as dúas televisións públicas autonómicas deron a coñecer o seu novo modelo de colaboración audiovisual en Mallorca, no marco dun dos principais mercados internacionais da industria televisiva

csag.gal 27/05/2026 16:41

Santiago, 27.05.2026.-    A TVG e a RTPA (Radio Televisión do Principado de Asturias) presentaron este mércores o proxecto ‘Coworkinaos’ en Mallorca, no marco do foro Conecta FICTION & ENTERTAIMENT, un dos principais mercados internacionais da industria audiovisual e televisiva. Esta serie é a primeira coprodución de ficción orixinal desenvolvida conxuntamente por ambas as dúas televisións públicas autonómicas.

‘Coworkinaos’, cuxa estrea está prevista para o outono de 2026, é unha fast comedy premium de personaxes e situacións recoñecibles construída desde as contradicións do presente: a nova ruralidade, as segundas oportunidades e a necesidade, cada vez máis urxente, de volver atopar comunidade nun mundo hiperconectado. Así, a serie aborda, dese o humor e a ironía, cuestións actuais como o teletraballo, o retorno ao medio rural, a reinvención profesional, a convivencia interxeracional, o esgotamento emocional ou as novas dinámicas sociais xurdidas tras a pandemia.

A serie, producida por Multiple by People, discorre de xeito natural entre o galego e o asturiano, que conviven ao igual que os seus personaxes: con proximidade, autenticidade e sen artificios, achegándolle identidade ao proxecto. Outro elemento diferencial de ‘Coworkinaos’ é o seu potencial de conexión coas comunidades galegas e asturianas no exterior, especialmente na América Latina, onde existe unha ampla diáspora vinculada cultural e emocionalmente aos dous territorios a través da lingua, o humor e os códigos compartidos.

A ficción presenta seis personaxes pertencentes a xeracións e universos vitais moi distintos que intentan reinventar as súas vidas compartindo espazo de traballo, incerteza profesional e convivencia cotiá. O elenco reúne talento galego e asturiano, reforzando así o carácter compartido da produción. Por parte galega, participan Elena Seijo, Esther Estévez e Ángel Blanco, mentres que o elenco asturiano está integrado por Eduardo Antuña, Félix Corcuera e María Cotiello. A dirección corre a cargo do realizador asturiano Samu Fuentes.

‘Asturias e Galicia crean ficción’

Durante a presentación no Conecta FICTION & ENTERTAINMENT, deuse a coñecer un novo modelo de colaboración audiovisual entre Galicia e Asturias, baseado na produción compartida, a xeración de propiedade intelectual e o impulso de contidos de ficción nas súas linguas propias.

Deste xeito, o proxecto ‘Coworkinaos’ nace no marco de ‘Asturias e Galicia crean ficción’, unha iniciativa impulsada por ambas as dúas televisións públicas para desenvolver un primeiro proxecto conxunto de ficción e abrir novas vías de colaboración creativa entre personaxes e produtoras dos dous territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade