UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA - CSAG
UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 2
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O percorrido de hoxe partirá da serra de San Mamede para visitar o mosteiro de Montederramo e o de Santa María de Espadañedo, así como un taller de olaría en Niñodaguia, entre outros lugares.