SESIÓN FÓRA DO SITIO - CSAG
SESIÓN FÓRA DO SITIO: SESIÓN FÓRA DO SITIO 2
Presentado por Tonhito de Poi, amosa o traballo de intérpretes emerxentes en lugares inesperados e diferentes do habitual. Freshkiños é unha banda "funky" do Grove, composta de catro membros: Djow, Tupis, Xurxo e Manuel. O escenario en que tocan é unha tenda de mobles de deseño. Esta banda emprega letras con humor para mesturar diferentes estilos coma o funk, o rap ou o rock. Considéranse un grupo de anti-artistas, aínda que amosan de sobra a súa arte en cada concerto.