LATEXOS DA CIDADE - CSAG
LATEXOS DA CIDADE
Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' comeza hoxe unha nova temporada vivindo unha xornada na lonxa de Vigo, acompañando a Garda Civil de Tráfico en Lugo, facendo os últimos metros do Camiño de Santiago e asistindo a un concerto na Coruña.