ERA VISTO! A CHOUPANA - CSAG
ERA VISTO! A CHOUPANA: A cantareira
Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta. Preocupada pola desaparición da lírica popular da Choupana, Rober métese a cantareira para manter viva a tradición aquelando os temas ás sensibilidades e inquedanzas do mundo actual. O resultado, como era previsible, non podía ser máis desastroso.