CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE - CSAG
CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE: CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE 1 / O TEMPO
Manual imprescindible para coñecer os diversos temas que configuran a personalidade dos galegos e das galegas. O programa mestura a voz dos expertos con preguntas a pé de rúa para descubrir tamén canto saben de nós os estranxeiros residentes na comunidade autónoma, pois eles son os alumnos perfectos para este curso. A audiencia descubrirá hoxe, a través de 5 leccións, como o tempo inflúe e moldea a nosa maneira de ser.