div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

00:20 h

PRATOS COMBINADOS: O problema da vivenda

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

01:15 h

PRATOS COMBINADOS: Pura fantasía

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un amigo de Paula, que aspira a ser director de cine e que está preparando a súa primeira película, queda prendado da casa onde vive esta co seu pai, o avogado Barreiro, xa que é xusto o escenario que estaba buscando para a súa rodaxe.

02:20 h

PRATOS COMBINADOS: A vida é teatro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Paula Barreiro segue coas súas aspiracións a actriz e agora preséntaselle unha inmellorable oportunidade para a súa carreira, xa que un dos máis coñecidos directores de teatro do país resulta ser amigo da infancia de Antón.

03:20 h

PRATOS COMBINADOS: Morto sen sabelo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Por fín aparece a grande oportunidade de Paula Barreiro para comezar a súa carreira de actriz, un casting para seleccionar cantantes e bailarinas para unha obra musical. Porén, xorde un problema: a proba de selección coincide cos seus exames. Aproveitando que o pai está de viaxe, inventará a máis extravagante das escusas para conseguir un aprazamento dos exames.

04:25 h

A CASA NA SOMBRA

Jim Wilson é un policía violento, amargado pola contemplación diaria do mundo do crime. O seu carácter retraído e os seus métodos expeditivos para pillar sospeitosos créanlle constantes conflitos con colegas e superiores. Finalmente, para afastalo da cidade durante algún tempo, encárganlle o caso dun asasinato nunha afastada rexión montañosa. Unha vez alí, a súa personalidade dará un xiro inesperado debido, por unha parte, á relación co pai da vítima, que é un home cheo de vinganza, e, pola outra, con Mary Malden, a irmá do asasino, unha moza sensible, capaz de comprender o temperamento e a soidade de Wilson.

05:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 894

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

div-crtvg-top2

Publicidade