Historia da CRTVG nos medios dixitais - CRTVG
Historia da CRTVG nos medios dixitais
A TVG navegou por primeira vez pola rede INTERNET en xullo de 1995. Os telexornais da TVG e da Radio Galega, datos das dúas empresas e un vídeo, ofrecéronselles aos usuarios desta rede en todo o mundo.
A CRTVG conta desde o 25 de xullo de 1996 cun servidor propio en Internet, sendo unha das primeiras empresas públicas de comunicación en ter presenza na rede.
O servidor Internet da CRTVG é o que proporciona a difusión da información, da programación e do correo das canles internacionais de Televisión Galicia TV, da TVG e da Radio Galega.
A Radio Galega foi a terceira emisora de España e unha das primeiras de Europa en poder ser escoitada en directo a través da rede Internet. Fíxoo o 20 de agosto de 1996.
O servidor da Internet da CRTVG foi designado o 24 de xaneiro de 1997 finalista ao premio Mellor Servidor de Europa pola empresa Europe OnLine.
A Radio Galega emite en son estéreo por Internet desde o día 20 de marzo de 1997 ás 20 horas e 40 minutos.
O servidor da CRTVG foi elixido como WEB recomendada por Galicia Online pola súa calidade, deseño, defensa do galego e promoción do país o día 17 de abril de 1997.
O servidor da CRTVG iniciou as súas emisións experimentais de televisión por Internet o día 24 de abril de 1997.
O servidor da Internet da CRTVG ofreceu por primeira vez vídeos entre os seus contidos o 25 de abril de 1997. As gravacións realizadas foron unha entrevista a Ánxel Fole, un vídeo-clip do Xabarín Club e un vídeo de promoción da CRTVG, a Televisión de Galicia e a Radio Galega.
O servidor da Internet da CRTVG iniciou as emisións regulares de televisión en tempo real ás cero horas do día 17 de maio de 1997, coincidindo co Día das Letras Galegas, sendo a primeira televisión de Europa e a sétima do mundo en emitir en tempo real pola rede Internet.
O servidor WEB da CRTVG recibiu o premio MIDIA 97 á innovación tecnolóxica o xoves 26 de xuño de 1997.
A WEB da CRTVG recibiu no mes de xullo, o premio Galicia Hoxe de Radio Colonia de Buenos Aires, polo labor desenvolvido en prol da difusión de Galicia no mundo.
O día 24 de xullo de 1997 comezou a ser operativa a cámara móbil instalada na Praza do Obradoiro, primeira deste tipo de España, sendo nestes intres a cuarta cámara máis visitada en Internet segundo a Web Guiar de Argentina.
A WEB da CRTVG puxo en marcha a súa segunda cámara web que transmite desde o día 10 de novembro de 1997 a imaxe do Estudo 4 de continuidade da Radio Galega.
A WEB da CRTVG recibiu o 19 de decembro de 1997, o premio Galicia de Comunicación polo labor de difusión da imaxe de Galicia no mundo.
O servidor da Internet da CRTVG puxo en marcha o proxecto de realidade virtual o 9 de xaneiro de 1998, sendo o primeiro deste tipo que se desenvolve en España e que permite realizar unha visita ás instalacións da radio e televisión de Galicia.
A WEB da CRTVG foi designada o 23 de xaneiro de 1998, gañadora do premio Nuevos Lenguajes de Periodismo da Fundación Coca-Cola España.
A páxina da Internet da CRTVG foi elixida o día 21 de febreiro de 1998, gañador do premio Irmandade do Libro pola Federación de Editoriais de Galicia polo fomento do libro galego a través da rede.
A WEB da CRTVG cambiou o seu deseño de páxina, o 26 de maio de 1998 introducindo o sistema Dhtlm, ademais incorporou o servizo de noticias de Galicia da axencia Europa Press.
O 24 de xuño de 1998 o WEB da CRTVG recibiu o Premio Galicia de deseño 1998, outorgado pola empresa Lugo-com ás mellores webs galegas.
O servidor da Internet da CRTVG superou o día 28 de febreiro de 1999 os 35.000.000 accesos desde a súa posta en marcha o 25 de xullo de 1996, converténdose na WEB que máis accesos ten de Galicia.
A WEB da CRTVG lanzou o 21 de decembro de 1998 a canle mosaico, iniciativa pioneira tendente a potenciar as webs galegas.
A segunda cámara web que ofrece imaxes da Porta Santa e da Catedral de Santiago entrou en funcionamento o día 28 de decembro de 1998.
O 18 de xaneiro de 1999 ampliouse o ancho de banda do servidor a 2 megas.
A segunda cámara web situada na Praza da Quintana foi mellorada o venres 5 de marzo, sendo dotada de movemento.
A terceira cámara web situada na Praza das Praterías comezou a emitir na rede o xoves 8 de abril de 1999.
O 23 de abril de 1999, venres, entraron en funcionamento os novos enderezos electrónicos da TVG e da Radio Galega.
O 5 de maio de 1999 entrou en funcionamento o novo servidor da CRTVG.
O 17 de maio de 1999 lanzáronse as novas versións da web da CRTVG en castelán e inglés. Coincidindo con esta data lanzouse o apartado do Camiño Francés en Galicia con vídeo, imaxes e fotografía inmersiva.
Dúas novas cámaras webs no interior da catedral puxéronse en marcha o día 1 de xuño de 1999.
O primeiro de xullo de 1999 iníciase a sección do tempo e a actualidade diaria da páxina central da web. O 1 de setembro de 1999 lánzase a sección "Recomendámoslle" tendente a promocionar as distintas seccións da web.
O 18 de outubro de 1999 emítese por primeira vez en tempo real pola Internet en colaboración co Consello da Cultura Galega unha conferencia do profesor Armand Mattelart.
A revista "La Red" do mes de novembro de 1999 considera a web da CRTVG coma unha das vintecinco que fixeron historia en Internet en España.
O 26 de xaneiro de 2000 ás 10:30 dona Ana Botella, esposa do Presidente do Goberno, inaugurou a cámara web situada en Fisterra.
O 4 de febreiro de 2000 ás 12:30 Peter A. Freeman, Director de Georgia Institute of Technology inagurou as cámaras do Cebreiro e da estación invernal de Cabeza de Manzaneda.
O 10 de febreiro de 2000 ás 17:30, Homero Aridjis, Presidente do Pen Club Internacional, inaugurou a cámara web de Ferrol.
O 2 de marzo de 2000 ás 17:00, Mario Vargas Llosa inaugurou dúas cámaras web situadas na Coruña, unha dotada de mobilidade e outra fixa, outra cámara en Lugo, outra no monte Pedroso con vistas a Santiago de Compostela, unha en Pontevedra e outra en Vigo.
O 22 de marzo de 2000 ás 17:00, Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, inaugurou unha cámara web en Vigo dotada de mobilidade.
O 22 de marzo de 2000 ás 17:15, Federico Mayor Zaragoza inaugurou as novidades literarias.
O 19 de maio de 2000 ás 18:30 horas, a web da CRTVG puxo a funcionar a primeira web cam móbil do mundo, que desde un helicóptero ofreceu imaxes da cidade da Coruña co gallo do partido final da liga de fútbol 99/00 que gañou o Deportivo.
O 8 de xuño de 2000 ás 17:00 horas, a web da CRTVG puxo a funcionar unha nova cámara web no centro de Lugo e outra cámara móbil no Parador de Baiona.
O 28 de xullo de 2000 comezaron a funcionar as cámaras web de Tui e de Sanxenxo.
O 9 de agosto de 2000 púxose a funcionar un dicionario de galego.
O 6 de outubro de 2000 a web da CRTVG superou os 100 millóns de visitantes desde a súa posta en marcha.
O 15 de abril de 2001 a web da CRTVG superou os 200 millóns de visitantes desde a súa posta en marcha.
O 3 de maio de 2001 a CRTVG presenta máis de 100.000 páxinas de novos contidos.
O 24 de agosto de 2001 a CRTVG puxo a funcionar unha nova cámara web no Pavillón Náutico do Grove.
O 8 de outubro de 2001 a Comisaria Europea Loyola de Palacio inaugurou o Punto de Información ao Cidadán coas cámaras web da CRTVG.
O 1 de marzo de 2002 comeza a emisión da TVG a través de Internet mediante a tecnoloxía Windows Media, engadindo ao servizo xa existente a codificación para conexións de banda ancha.
O 11 de decembro de 2002, a web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia é escollida como a mellor do ano na categoría Medios de Comunicación de Yahoo! en català.
A CRTVG presentou o 25 de xullo de 2003, Día de Galicia, a nova imaxe de www.crtvg.es e puxo en funcionamento a cámara web da Guarda. Engadiuse ademais o apartado de "Persoeiros", coas biografías dos galegos que salientaron nos seus ámbitos.
O 25 de setembro de 2003, a cámara web de Verín engadiuse ás xa existentes.
O 20 de outubro de 2003 comezaron a ofrecer imaxes a cámara de Ourense móbil e a de Celanova.
O 11 de marzo de 2004 iníciase a emisión en directo a través de Internet da canle dixital Radio Galega Música.
As imaxes transmitidas polas cámaras de Redondela e da Rúa están presentes na rede dende o 22 de marzo de 2004.
Ortigueira conta cunha cámara web na Alameda dende o 11 de outubro de 2004.
A TVG incorporouse o día de fin de ano de 2004 a unha nova plataforma de distribución de televisión parella á banda ancha de Internet. Trátase da inclusión das emisións da canle internacional Galicia Televisión en Imagenio.
Coa cámara de Portonovo, que comezou a funcionar o 31 de marzo de 2005, son xa 35 as cámaras web que a CRTVG ten por toda Galicia.
A CRTVG presentou o 24 de xullo de 2005 un novo deseño de www.crtvg.es.
O 25 de setembro de 2006 a CRTVG presentou o deseño actual de www.crtvg.es, de acordo co cambio integral da súa imaxe corporativa. Nesta nova etapa, o portal da Galega presenta unha extensa oferta de radio e televisión á carta.
O 9 de xullo de 2007 nace a primeira páxina informativa da CRTVG: www.agalega.info, que permite acceder ás noticias dos informativos, tanto da TVG coma da Radio Galega